• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda avanza que a Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Rueda avanza que a Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 6'Actualizado 18:55

Explica que o obxectivo destas achegas é reducir á metade os niveis de fuga para que non superen o 20%

Este venres publicarase a convocatoria das axudas, dotada de 300.000?, que se outorgarán en réxime de concorrencia non competitiva e que poden beneficiar ata 45 municipios

Trátase de apoiar os concellos no diagnóstico das perdas nos seus sistemas de abastecemento e atallar unha das problemáticas que agravaría un eventual episodio de seca

Os incentivos diríxense ás entidades locais responsables dos sistemas de subministración de auga cunha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes

O 55 % do importe reservarase para os municipios de ata 5.000 veciños, que son os que teñen maiores dificultades técnicas e financeiras

Os concellos poderán, a partir destas auditorías, deseñar plans de actuacións para minimizar as perdas de auga e evitar malgastar auga e enerxía, o que tamén suporá aforro de custos ante o incremento constante do prezo da enerxía

A medida enmárcase na estratexia da Xunta para adaptar a xestión da auga ao cambio climático e estar mellor preparados ante posibles episodios de seca, que ten como un dos principais instrumentos a Lei de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario, en vigor desde xaneiro do 2020

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai lanzar a primeira orde de axudas dirixida aos concellos para apoiar a realización de auditorías nas redes municipais de abastecemento de auga encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga destes sistemas, de competencia local. “O obxectivo da Xunta é reducir os niveis de fugas a menos da metade”, indicou tras asegurar que de media, as perdas de auga nas redes municipais acadan o 41% –chegando incluso ao 60% nos concellos de menos de 2.000 habitantes–. O Goberno galego márcase o reto de que non superen o 20%.Rueda resaltou a necesidade de “mellorar o funcionamento dos sistemas de abastecemento locais para atallar calquera fuga” e así facer fronte a “a un problema preocupante como é todo que ten que ver coa escaseza ou as perdas de auga e co risco certo de que nalgunhas zonas puidera chegar a haber problemas de desabastecemento a causa da seca”. De aí, resaltou, a importancia de apoiar aos concellos, especialmente aos máis pequenos, para que afronten actuacións nestas instalacións. O Consello da Xunta abordou hoxe esta convocatoria de axudas dirixidas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes. A orde de axudas, que impulsa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, conta cun orzamento autonómico de 300.000 euros, reservándose o 55 % do importe a concellos de ata 5.000 habitantes, que son os que teñen maiores dificultades técnicas e financeiras para a correcta xestión dos seus sistemas de abastecemento. A orde de axudas para este ano 2022 publicarase no Diario Oficial de Galicia este mesmo venres, 8 de xullo. As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de presentación ata o esgotamento do crédito, e estímase que poden beneficiar un total de 45 municipios. Con estas axudas o Goberno galego quere apoiar os concellos no labor de optimización do funcionamento dos seus sistemas de abastecemento, mediante un maior control dos caudais que circulan polas redes municipais, co fin de diagnosticar e atallar unha das problemáticas que pode agravar un eventual episodio de seca en Galicia: as fugas de auga nas redes de abastecemento. A contía total consignada pola Xunta para estas axudas distribuirase entre os concellos solicitantes de acordo coa poboación do municipio, reservándose o 30 % do orzamento total aos municipios de menos de 2.000 habitantes, o 25 % para os de ata 5.000, o 20 % para os de ata 10.000 habitantes, o 15 % para os de ata 20.000, e o 10 % para os concellos de ata 50.000 habitantes. O importe dos incentivos será do 80 % do investimento subvencionable, establecéndose un límite máximo por solicitude segundo a poboación do municipio. O dito límite oscila entre un máximo de 10.000 ?, para os municipios de máis de 20.000 habitantes e ata 50.000 habitantes; e os 6.000 ? para os que contan con ata 2.000 veciños. Para o resto dos concellos, fíxase o límite en 7.500 ? para os que contan cunha poboación de ata 5.000 habitantes, e 8.000 ? para os municipios de ata 10.000 habitantes.Mediante estas axudas, a Xunta coopera cos concellos na realización dunhas auditorías nas redes de abastecemento municipais que permitirán optimizar o seu funcionamento, reducindo as perdas de auga, cos conseguintes beneficios económicos, ambientais e sociais. Os concellos poderán así, a partir destas auditorías, deseñar plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, evitando malgastar auga e enerxía e, en consecuencia, malgastar recursos públicos e esenciais.As auditorías municipais de abastecemento e os plans de actuacións para a minimización das perdas de auga son instrumento indispensable para diagnosticar e atallar as perdas do recurso hídrico nas redes, así como de grande axuda para que os responsables dos sistemas de abastecemento estean mellor preparados ante eventos climáticos extremos como os provocados por unha ausencia prolongada de precipitacións.Ademais, nun escenario de incremento constante do prezo da enerxía, a optimización dos recursos hídricos captados e potabilizados, reducindo as perdas de auga, resulta unha medida que pode contribuír dun xeito moi eficaz a reducir os custos nas explotacións dos abastecementos e redundar positivamente na cidadanía a través dunhas tarifas da auga máis axustadas.Con fin de facilitar e homoxeneizar o traballo realizado polos responsables dos sistemas de abastecemento, Augas de Galicia redactou unhas recomendacións para a elaboración das auditorías de abastecemento e plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, establecendo uns contidos mínimos acordes cos da convocatoria de axudas.As auditorías municipais incluirán os sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa para minimizar as perdas de augas e deberán incluír unha descrición detallada do sistema de abastecemento do concello. Deste xeito, entre outros aspectos, conterá unha explicación do funcionamento do sistema de abastecemento, un inventario dos elementos singulares, información sobre as redes de abastecemento, os núcleos de poboación e zonas a que se subministra auga, e documentación gráfica de detalle do sistema de abastecemento do concello.A auditoría tamén incluirá o volume medio de auga captada e subministrada á rede de abastecemento, o número de usuarios conectados diferenciados por tipoloxía e os tipos de consumos de auga; así como un balance hídrico de todo o sistema de abastecemento, tendo en conta a auga captada, a auga rexistrada e a auga non rexistrada.Finalmente, deberá contar cun plan de actuacións aprobado polo Concello para minimizar as perdas de auga dos sistemas de abastecemento á poboación nos seguintes catro anos, dando cumprimento á disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. O seu contido, deberá incluír, como mínimo, as medidas para a redución dos consumos autorizados non rexistrados, para a redución das perdas aparentes: erros de medición, erros de lectura, consumos non autorizados, e as medidas e actuacións para a redución das perdas reais.Todas as medidas propostas deberán estar totalmente definidas e detalladas coa súa localización concreta, valoradas economicamente e programadas temporalmente no prazo de 4 anos desde a aprobación en pleno. O plan de actuacións conterá un estudo económico que valore os investimentos que se van realizar e a recuperación económica esperada en termos de redución das perdas de auga.O Goberno galego segue a traballar nas distintas liñas para adaptar a xestión da auga ao cambio climático e reducir a vulnerabilidade da poboación galega ante os eventos de seca, entre as máis relevantes cabe salientar a Lei de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario, que está en vigor desde xaneiro do 2020.Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir a prestación adecuada dos servizos de abastecemento de auga cando exista un episodio de seca, tendo en conta os recursos hídricos dispoñibles, e establecer as normas e as medidas para o seu aproveitamento, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático. Este obxectivo exixe un coñecemento exhaustivo do funcionamento dos sistemas de abastecemento e da adopción de medidas anticipatorias por parte dos responsables destes. Por este motivo, a dita lei establece, entre outras, diferentes obrigas para as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación.Dunha banda, a obriga de instalar contadores homologados de medición de consumo de auga en todos os puntos de captación ou de subministración en alta e nos puntos de subministración final en alta ou en baixa, no prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor da lei. Para a axuda ao cumprimento desta obriga, a Xunta convocou no ano 2021 axudas para a adquisición e instalación de equipamentos de medición do caudal, por un importe total de 500.000 euros.E, doutra banda, a obriga de levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificar as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa, obxecto da a orde de axudas autorizadas hoxe polo executivo autonómica.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE