• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda anuncia un novo proxecto de bibliotecas móbiles para estender o servizo ás zonas rurais

Rueda anuncia un novo proxecto de bibliotecas móbiles para estender o servizo ás zonas rurais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 18:55

Explica que o obxectivo desta medida é achegar o préstamo de libros e material audiovisual aos concellos que aínda non contan con este servizo

É a primeira medida posta en marcha ao abeiro do II Mapa de bibliotecas que se aprobou en maio e permite orientar a acción pública neste eido

Implantarase de xeito piloto nun total de 20 concellos das comarcas dos Ancares, A Fonsagrada, Sarria, Verín e A Limia, que visitará dúas veces ao mes

Situarase nas zonas máis concorridas dos municipios e tamén realizará un percorrido polas aldeas para ofrecer un servizo personalizado porta a porta

A Xunta continúa así reforzando o sistema bibliotecario galego ao cal dedica este ano máis de 2M? para mellorar as coleccións, dotar de recursos electrónicos, levar a cabo actividades de dinamización da lectura ou formación

O presidente da Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe tras a reunión do Consello da Xunta a posta en marcha dun novo servizo de bibliotecas móbiles de Galicia, unha iniciativa que permitirá estender estes servizos a toda a cidadanía galega. O 67% dos concellos galegos contan cun servizo fixo de biblioteca municipal, o que supón que estes recursos chegan ao 94% da poboación. “Pero aínda queda algo menos dun tercio dos municipios sen estes servizos. O que queremos é achegarlles estes recursos aos concellos máis pequenos”, sinalou durante a rolda de prensa.“Esta iniciativa poñerase en marcha de forma piloto en 20 concellos de Lugo e Ourense”, indicou o titular da Xunta, que explicou que a Biblioteca Móbil de Galicia constará dunhas furgonetas que se desprazarán dúas veces ao mes a cada un dos concellos. Organizarase de xeito que un dos días se asente nos lugares de maior afluencia de público onde se celebran as feiras e mercados, centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais. O outro día realizará un percorrido polos núcleos e aldeas en que poida ofrecer un servizo máis personalizado porta a porta. Terá unha colección que inicialmente partirá duns 500 exemplares. Ademais de libros ofreceranse películas, música, xogos físicos e dixitais, publicacións periódicas como revistas e pasatempos. As coleccións irán medrando conforme avance o tempo de prestación do servizo e tamén poderán verse complementadas polos materiais das bibliotecas centrais territoriais de referencia en cada caso (Lugo e Ourense) a través do préstamo interbibliotecario. Terá unha programación cultural de periodicidade estable que inclúa clubs de lectura, contacontos, encontros con autores locais, entre outras, para o que se buscará a colaboración cos centros educativos, tanto a través de equipos docentes como a través das bibliotecas escolares, así como co tecido asociativo. Ofrecerá servizos como expedición de carnés de usuario, préstamo e devolución, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Terá conexión á internet, equipamentos informáticos portátiles e impresora tanto para a persoa encargada da prestación do servizo como para o uso dos usuarios. Tamén haberá táblets, consolas e lectores de libro electrónico para o préstamo aos usuarios. Para o seu correcto funcionamento, contará con persoal estable cun perfil técnico especialista en lecer educativo e animación sociocultural. Cada biblioteca móbil contará cun punto central de referencia para a agrupación e concellos en que se desenvolva, que servirá como sede do traballo administrativo relativo á biblioteca e que será coordinado coas autoridades municipais.Servirá como un espazo aberto a toda a comunidade, e deberá apoiar a toda a veciñanza na adquisición e aplicación de capacidade. Servirá tamén como recurso de apoio á aprendizaxe e favorecedor da creatividade mediante a súa programación dinamizadora a través de diferentes accións.En Lugo implantarase nas comarcas dos Ancares, A Fonsagrada e Sarria, comprendendo un total de 10 concellos: Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. Cubrirá as necesidades e demandas de aproximadamente 10.000 persoas. No caso de Ourense implantarase nas comarcas de Verín e A Limia, tamén en 10 concellos: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós para dar servizo a 12.200 persoas. Trátase da primeira medida que xurde ao abeiro do II Mapa de bibliotecas públicas, a ferramenta de planificación que se aprobou en maio e que permite orientar a acción pública neste eido, en cumprimento da Lei de bibliotecas de Galicia.Nestes momentos, o proxecto está en fase de desenvolvemento. Nos vindeiros meses presentarase nos concellos, conformarase e catalogarase a colección estable, contactarase cos concellos para establecer rutas e días de prestación do servizo e adxudicarase o contrato de servizo que conta cun orzamento global de preto de 200.000?. O informe presentado en Consello da Xunta comprende unha calendarización que estima a súa posta en marcha nos vindeiros meses.Con esta medida, a Xunta continúa a reforzar o sistema bibliotecario galego que, segundo identifica o II Mapa de bibliotecas públicas, está composto por un total de 295 servizos bibliotecarios con máis de 6,6 millóns de exemplares, 17.000 postos de lectura e máis de 4.100 postos informatizados. Enmárcase nas medidas da Xunta para o sector bibliotecario cun orzamento que supera os 2M? en distintos programas para impulsar a Rede de bibliotecas públicas para o crecemento e actualización das coleccións e dotación de recursos electrónicos, para a dinamización da lectura, para a mellora de infraestruturas culturais dos concellos ou para a formación.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar