• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Política Social apoia a Pai Menni con máis de 3 millóns de euros para mellorar a atención das persoas con discapacidade

Política Social apoia a Pai Menni con máis de 3 millóns de euros para mellorar a atención das persoas con discapacidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 17:55

O Goberno galego financia prazas nos diferentes centros que conta a asociación e, ade–mais, achega fondos para poñer en marcha programas de inserción laboral e de inter–vención logopédica

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijñon, visitou hoxe as instalacións de Pai Menni en Betanzos, ás que a Xunta de Galicia achega máis de 3 millóns de euros para financiar 170 prazas nalgún dos seus centros e mellorar a atención á persoas con discapacidade. Fernando González Abeijón subliñou o compromiso da Xunta de Galicia con mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén das súas familias. Así, puxo en valor estes fondos para financiar prazas públicas tanto na residencia e centro de día de gravemente afectados, na residencia e centro ocupacional e nas catro vivendas tuteladas que xestionan.Ademais, recordou o director xeral de Persoas con Discapacidade, o Goberno de Galicia puxo á disposición de Pai Menni ao redor de 50.000 euros a través dos fondos do 0,7% do IRPF. Con este financiamento a asociación puido mellorar o equipamento das instalación, así como poñer en marcha un programa de inserción laboral e outro de intervención logopédica.Por último, Fernando González Abeijón recordou que a Administración autonómica achega este ano unha cifra récord para atención á discapacidade. O Goberno galego destina a este eido 141,7 millóns unha contía que non se acadara antes.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2