• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible coa súa incorporación á Asociación de Ecoturismo de España

O Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible coa súa incorporación á Asociación de Ecoturismo de España

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:20

Comparte a filosofía, os obxectivos e a liña de traballo da AEE de cara a apostar polo ecoturismo como a estratexia máis beneficiosa para valorizar os recursos naturais e culturais dos espazos naturais

Tamén está adherido á Carta Europea de Turismo Sostible e, ademais, conta coa distinción de Destino Turístico Starlight

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2022A asemblea xeral da Asociación Ecoturismo de España (AEE) ratificou a incorporación do Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a esta entidade, unha asociación sen ánimo de lucro creada en 2010 para fomentar o turismo sostible nos espazos protexidos.É o primeiro parque nacional como tal que se incorpora a esta asociación como representante dunha administración pública que xestiona este espazo natural, que, neste caso, é a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Con esta incorporación o Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a preservación da súa riqueza ambiental paisaxística e cultural. Nesa liña cómpre lembrar que tamén está adherido á Carta Europea de Turismo Sostible, unha iniciativa de la Federación Europarc, que ten como obxectivo global promover o desenvolvemento do turismo sostible nos espazos naturais protexidos de Europa. E, ademais, conta coa distinción de Destino Turístico Starlight, o que supón o recoñecemento da calidade dos seus ceos, o seu compromiso coa preservación das súas condicións de pouca luz e a existencia de iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo como unha parte esencial da natureza.Ademais do parque nacional, tamén se incorporaron a esta asociación a Comarca de Somontano Barbastro, a Asociación para o Desenvolvemento Integral do Val do Ambroz, a asociación de empresas de turismo activo de Euskadi (Aktiba) e o Grupo de Acción Local de LiébanaTodas estas entidades comparten a filosofía, os obxectivos e a liña de traballo da AEE de cara a apostar polo ecoturismo como a estratexia máis beneficiosa para valorizar os recursos naturais e culturais dos territorios nos que se desenvolve e promover o desenvolvemento local sostible.De feito, a AEE está composta principalmente por entidades xestoras de espazos naturais, administracións públicas implicadas na xestión turística destes, entidades de innovación (universidades, fundacións), empresas de innovación turística e tecnolóxica, asociacións de empresarios de turismo localizadas nestes espazos e empresas turísticas comprometidas coa conservación e o desenvolvemento local. Ademais, a AEE xestiona o Clube Ecoturismo en España, unha iniciativa pioneira que ofrece experiencias de ecoturismo en espazos naturais protexidos, garantindo ao viaxeiro a súa contribución ao desenvolvemento local e á conservación da biodiversidade. Actualmente agrupa 27 destinos e preto de 700 empresas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar