COPE

Xunta de Galicia

A oferta das universidades públicas galegas para o curso 2022/23 incorpora tres novos títulos de grao e dez novos mestrados

A oferta das universidades públicas galegas para o curso 2022/23 incorpora tres novos títulos de grao e dez novos mestrados

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:05

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades envía ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o próximo curso, que foi consensuada coas tres universidades públicas galegas

O número total de prazas en grao increméntase ata un total de 11.759, un 1,8% más que no actual curso

800x600 Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022.– A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de rexistrar na aplicación informática do Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster para as universidades públicas galegas cara o curso académico 2022/2023, unha oferta que foi consensuada coas vicerreitorías de titulacións e que será oficial unha vez que se ratifique formalmente nas vindeiras semanas pola Conferencia General de Política Universitaria. Como principais novidades, as universidades públicas galegas incorporarán o vindeiro curso tres novos títulos de grao e 10 novos mestrados universitarios. En total ofertaranse 11.759 prazas públicas en titulacións de grao (209 máis ca no actual curso) e 5.162 nas de máster (26 menos ca este ano académico).No apartado de novos graos públicos, o vindeiro curso comezarán a impartirse dous graos interuniversitarios, o de Intelixencia Artificial entre as Universidades da Coruña, de Santiago e de Vigo, e o de Relacións Internacionais, entre a Universidade da Coruña e Vigo. Así, no caso do Grao en Intelixencia Artificial ofértanse un total de 150 prazas a razón de 50 no campus de Santiago (USC), 50 no campus de Ourense (UVigo) e outras 50 no campus da Coruña (UDC). No caso do Grao en Relacións Internacionais, serán 45 prazas en total a razón de 23 no campus de Ourense (UVigo) e 22 no campus de Ferrol (UDC).A maiores tamén se incorpora á oferta o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, que impartirá o novo centro adscrito da USC, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, con 75 prazas.Así mesmo, reveríficase o Grao en Enfermaría da USC, con 150 prazas en Santiago e 83 (13 máis ca o este curso) en Lugo. No que atinxe aos mestrados, o estudantado poderá cursar dez novas titulacións de máster nas universidades do Sistema Público Galego o vindeiro curso. Trátase do Máster interuniversitario en Intelixencia Artificial que ofertan as tres universidades públicas con 60 prazas en total. Tamén de maneira interuniversitaria, e xunto con outras tres universidades portuguesas, comezará a ofertarse o mestrado universitario en Desafíos das Cidades.A maiores, a Universidade de Santiago de Compostela engade á súa oferta tres novos títulos: Mestrado en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais (en colaboración cunha universidade portuguesa), Mestrado en Enxeñaría Ambiental (reverificación sobre unha titulación anterior) e Mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras.A Universidade de Vigo incorpora dous novos títulos: o Mestrado en Enxeñaría Biomédica e o Mestrado en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia.A Universidade da Coruña incorporará tamén, por primeira vez, tres novos mestrados: Mestrado en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, Mestrado en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (reverificacións sobre titulacións anteriores) e Mestrado en Métodos en Investigación e Análise social.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar