• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia divulga nunha exposición o proceso de conservación do fondos da agrupación cultural Abrente

O Museo Etnolóxico de Ribadavia divulga nunha exposición o proceso de conservación do fondos da agrupación cultural Abrente

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:05

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a mostra, que poderá visitarse ata o 30 de setembro, sobre as tarefas realizadas polo centro museístico durante dous anos para coidar esta colección

O fondo está depositado neste centro desde 1986 e é de consulta frecuente, con xornais, fotografías ou manuscritos que foron propiedade desta asociación

Dáse continuidade así ao traballo de difusión deste legado que está a facer o museo expoñendo varias das pezas en diferentes fases desde o ano 2019

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición A conservación do fondo documental Abrente no Museo Etnolóxico de Ribadavia, que amosa e fai chegar ao público as tarefas de conservación realizadas polo museo sobre o valioso fondo documental da agrupación cultural Abrente.Trátase dunha mostra “que ofrece unha mirada diferente ao centrarse nun labor descoñecido pero fundamental para os profesionais dos centros museísticos, o da conservación e restauración dos fondos que se expoñen para garantir a súa perdurabilidade”, explica o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Para Anxo M. Lorenzo, realizouse un “óptimo traballo durante dous anos que agora presentamos en forma de exposición na que se analiza o estado de conservación, así como as técnicas para o coidado do aspecto dos fondos que compatibilizan coas necesidades de uso e almacenamento físico dos documentos”.O director xeral de Cultura destacou, ademais, a importancia destes traballos para “seguir mantendo vivo o legado de Abrente, unha das asociacións culturais máis emblemáticas de Ribadavia que nos anos 70 e 80 se converteu nun importante dinamizador cultural da comarca”. Con esta exposición dáse continuidade ao traballo de difusión que está a dar o Museo Etnolóxico de Ribadavia a estes fondos. O museo expuxo por primeira vez ao público varias pezas no ano 2019, co gallo do 50 aniversario do nacemento da agrupación. A conservación do fondo documental Abrente pódese visitar ata o 30 de setembro. Está comisariada por Cristina Díaz Sanjurjo, conservadora e restauradora con máis de 20 anos de experiencia en intervencións e redacción de proxectos para patrimonio moble e inmoble, así como sobre conservación preventiva. Actualmente colabora co Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Museo do Viño de Galicia.
A mostra está composta por información e material relacionado co traballo de conservación, así como un espazo coa documentación do fondo Abrente.
Este fondo foi depositado e arquivado no Museo Etnolóxico en 1986, unha vez disolvida a agrupación. Trátase dun arquivo de consulta frecuente, que inclúe documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, manuscritos, actas, recibos e libros de contas.O museo, como depositario, ten a obriga de conservalo en óptimas condicións, polo que é imprescindible establecer unhas normas básicas de manipulación, mantemento e uso para garantir a súa perdurabilidade. Este foi o obxectivo do traballo de conservación realizado no departamento de conservación do Museo Etnolóxico durante dous anos e que agora se presenta: a análise do seu estado de conservación e o coidado do seu aspecto material mediante unha intervención de preservación, que compatibiliza as necesidades de uso e o almacenamento físico dos documentos


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar