• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Miranda destaca o labor en prol dos galegos do tenente xeneral José Rodríguez García, Anduriña de Ouro do Lar Galego de Sevilla no 2022

Miranda destaca o labor en prol dos galegos do tenente xeneral José Rodríguez García, Anduriña de Ouro do Lar Galego de Sevilla no 2022

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:35

O secretario xeral da Emigración asistiu aos actos organizados polo centro galego na capital andaluza co gallo da celebración do seu 66 aniversario


Rodríguez Miranda tamén felicitou ao escritor ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández, por gañar o premio literario anual que organiza esta entidade “María Teresa Rodríguez”


Durante o acto, entregouse unha insignia de ouro a Florencio Doiro, polos seus 50 anos na asociación, e os diplomas de honra polos seus 40 anos como socios do Lar Gallego aos doutores Ricardo Juan Vázquez Albertino e Alfonso Descalzo Señorán

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nos actos de aniversario do Lar Gallego de Sevilla no que se lle fixo entrega da Anduriña de Ouro ao tenente xeneral, José Rodríguez García, pola seu labor en prol dos galegos de Andalucía, do Camiño de Santiago e da propia Galicia. O secretario xeral da Emigración gabou o labor do tenente xeneral que ao longo da súa responsabilidade, ata fai pouco, como xefe da Forza Terrestre, “axudou a promocionar a Vía da Prata, e apoiou as diversas actividades do Lar Gallego de Sevilla, dando así tamén apoio á propia Galicia e a nosa cultura”. O Lar Gallego de Sevilla celebrou con este evento, o 66 aniversario da inauguración da súa primeira sede no ano 1956, unha festa na que actuaron o grupo de gaitas do propio centro e entregáronse distincións a tres dos socios máis antigos: o enxeñeiro Florencio Doiro que leva 50 anos na asociación e a quen se lle impuxo unha insignia de ouro; e os doutores Ricardo Juan Vázquez Albertino e Alfonso Descalzo Señorán, que compren 40 e recibiron un diploma. Dáse a coincidencia de que os tres ademais, foron antigos presidentes do Lar Gallego, o que vén a demostrar a súa implicación con este centro.Durante o evento, tamén tivo lugar a entrega do premio literario anual “María Teresa Rodríguez” que convoca a entidade, que este ano correspondeu ao psicólogo, músico e escritor ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou o acto dedicándolle palabras de encomio a esta entidade e destacando o importante labor que durante todos estes anos desenvolveu o Lar Gallego de Sevilla pola promoción non só da cultura galega, senón tamén da nosa lingua e polo Camiño de Santiago a través da Vía da Prata, “un labor encomiable e impagable por coidar do noso e da nosa xente. Un traballo que ao longo do tempo deu, sen dúbida os seus froitos, sendo unha institución de referencia na capital andaluza. Sen dúbida, todo un orgullo para nós como Xunta e para todos os galegos”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar