• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Martina Aneiros pon en valor as actividades da G-Night á hora de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos á sociedade

Martina Aneiros pon en valor as actividades da G-Night á hora de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos á sociedade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:14

A representante do Goberno galego compartiu a mañá con alumnos do Ciclo de Deseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e do CEIP A Laxe que participaron en talleres sobre novos materiais e realidade virtual e aumentada

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao CIS Tecnoloxía e Deseño, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, onde se imparten algunhas das actividades presenciais incluídas na programación da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G–Night. Aneiros compartiu a mañá cun grupo de once alumnos do Ciclo de Deseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e outros 25 escolares do CEIP A Laxe, que participaron nos talleres sobre novos materiais e realidade virtual e aumentada, onde puideron coñecer a tipoloxía e características de diferentes materiais, que tamén tiveron a ocasión de manipular, e descubriron novas tecnoloxías vinculadas ao mundo dixital.A Noite Galega das Persoas Investigadoras, que conta co apoio da Xunta de Galicia, celébrase nas sete cidades galegas e está promovido por un consorcio de dez entidades galegas e coordinado pola Universidade de Vigo. Conta coas tres universidades, organismos de investigación e a colaboración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e os Museos Científicos Coruñeses. A representante do Goberno galego puxo en valor a iniciativa que se suma ao evento de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sklodowska–Curie do programa Horizonte 2020 –a Noite Europea dos Investigadores–. “É unha forma lúdica e amena de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos e as súas repercusións na vida cotiá á sociedade a través de experimentos, talleres ou demostracións”, indicou a delegada territorial, quen tamén destacou a contribución destas propostas “ao fomento das vocacións STEM entre os escolares”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar