COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

Máis de 19.000 vigueses descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta

Máis de 19.000 vigueses descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:20

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández–Tapias, visitou algúns dos establecementos participantes na iniciativa, á que na cidade viguesa se sumaron 451 negocios

Os comerciantes poden seguirse sumando ata a mañá ao programa, que xa mobilizou vendas por 600.000 euros na cidade

Conde subliña a importancia de atraer os clientes ao comercio de proximidade, e resalta a súa contribución á vertebración das vilas e cidades

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Vigo, 29 de novembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández–Tapias, visitou esta tarde diferentes establecementos participantes no Bono Activa Comercio, un programa de descontos ao que se sumaron xa 451 negocios vigueses. Os comerciantes teñen ata mañá para seguir adheríndose a este programa, que tal e como como salientou Conde, que visitou tendas das Travesas e na zona do Náutico, ata a data ten permitido mobilizar vendas por preto de 600.000 euros na cidade. Os 19.000 consumidores que descargaron os bonos por 30 euros en descontos teñen ata o 31 de decembro para realizar as súas compras. O vicepresidente primeiro explicou que, máis alá das cifras, o obxectivo da campaña é “achegar a xente ao comercio de proximidade”, que, tal e como subliñou, “é o que vertebra as cidades e as vilas”. A Administración autonómica destina 5 millóns de euros a este programa co que se busca impulsar as compras no comercio local, contribuíndo ao mesmo tempo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos. Máis de 166.000 consumidores descargaron en tan só tres días todos os descontos de 30 euros dispoñibles a través deste programa.O Bono Activa Comercio contribúe a dinamizar as vendas en datas clave para a actividade comercial como o Nadal ou o Black Friday. Así, entre o xoves 24 e o domingo 27 realizáronse en toda Galicia 19.240 operacións de compra co Bono Activa Comercio por un importe total de 1,2 millóns de euros. No caso de Vigo, entre o xoves e o domingo pasado o Bono Activa Comercio xerou 1.785 operacións de compra por valor de máis de 107.000 euros.A iniciativa súmase ás diferentes liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE