COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

Máis de 120.000 mozos e mozas menores de 21 anos dispoñen dos beneficios da tarxeta Xente Nova, que permite realizar viaxes por toda Galicia nos autobuses da Xunta de xeito gratuíto

Máis de 120.000 mozos e mozas menores de 21 anos dispoñen dos beneficios da tarxeta Xente Nova, que permite realizar viaxes por toda Galicia nos autobuses da Xunta de xeito gratuíto

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:05

Rexistráronse máis de 24.000 altas máis con respecto ao ano anterior nas mesmas datas

O Goberno galego ten investido máis de 4 M? a estes abonos no que vai de ano

A provincia da Coruña é a que conta con máis usuarios desta tarxeta, máis de 65.000, seguida de Pontevedra, Lugo e Ourense

Por áreas, A Coruña, Vigo e Santiago encabezan o rexistro de beneficiarios da ‘Xente Nova’

A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016, para facilitar a mobilidade dos mozos e mozas

Máis de 120.000 mozos e mozas menores de 21 anos dispoñen da tarxeta ‘Xente Nova’, que permite realizar viaxes por toda Galicia gratis nos autobuses de competencia autonómica. A medida pioneira implantada pola Xunta para garantir a gratuidade do transporte público segue a mellorar a súa acollida, acadando este mes de agosto esa nova cifra. Con respecto ao mesmo período do ano anterior, rexistráronse 24.000 altas de tarxetas máis, incrementándose asimesmo as bonificacións: no que vai de ano destináronse máis de 4 millóns de eurosa estes abonos.Deste xeito, desde o inicio do programa, a provincia da Coruña é a que rexistra máis usuarios da tarxeta ‘Xente Nova’, máis de 65.000. Os concellos con máis dispositivos para viaxar gratis no autobús da Xunta son A Coruña, con máis de 9.000; Santiago de Compostela, con máis de 5.000; Ferrol, con preto de 5.000; e Oleiros e Ames, con case 4.000. Séguea Pontevedra provincia, con case 40.000 tarxetas expedidas. Vigo conta con case 11.000 usuarios, seguido do municipio de Pontevedra, con máis de 4.000; e Cangas, con preto de 3.000.A provincia de Lugo conta con preto de 7.000 tarxetas activas e a de Ourense, con algo máis de 6.000. As respectivas cidades de provincia son as que rexistran máis beneficiarios, máis de 2.000 en ambos os casos.Máis en detalle, por áreas, a da Coruña é a que rexistra máis usuarios da tarxeta Xente Nova, un total de 30.741. Séguea Vigo, con 23.221 tarxetas expedidas, e Santiago, con 15.577. A maiores, na área de Ferrol contabilízanse actualmente 11.385 beneficiarios; na de Pontevedra, 8.803; na de Ourense, 6.395; e na de Lugo, 3.328. Os restantes municipios suman un total de 20.706 tarxetas emitidas.A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016, cos obxectivos de contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2