• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lorenzana visita dous proxectos da Fundación Paideia e pon en valor o seu compromiso co emprendemento e a inserción laboral das persoas con máis dificultades

Lorenzana visita dous proxectos da Fundación Paideia e pon en valor o seu compromiso co emprendemento e a inserción laboral das persoas con máis dificultades

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:05

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade coñeceu o centro de iniciativas empresariais Mans que ten esta entidade no polígono de Pocomaco da Coruña e o Centro Especial de Emprego Trébore de Mera (Oleiros)

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA A Coruña, 3 de decembro de 2022 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou dous dos proxectos nos que a Fundación Paideia Galiza traballa polo emprendemento e o emprego inclusivo: o centro de iniciativas empresariais Mans no polígono coruñés de Pocomaco e o Centro Especial de Emprego Trébore Xardanaría en Mera (Oleiros). Lorenzana coñeceu de primeira man, acompañada pola presidenta da Fundación Paideia Galiza, Sandra Ortega, o Centro de Iniciativas Empresariais Mans, que ofrece a potenciais emprendedoras e emprendedores os espazos e servizos necesarios para desenvolver as súas iniciativas. O recinto consta de máis de 6.000 metros cadrados de oficinas, espazos coworking, sala de lecer... Tal e como puxo en valor Lorenzana, o recinto conta cunha elevada ocupación todo o ano e apoia ás persoas usuarias con sesións de desenvolvemento profesional, xornadas de networking, conferencias sobre industrias culturais e actividades de desenvolvemento persoal como pilates, mindfullness...A segunda das visitas realizouse ás dependencias do Centro Especial de Emprego Trébore que a entidade ten en Mera, no Concello de Oleiros. Esta entidade de economía social desenvolve a súa actividade produtiva e formativa no campo do deseño gráfico e regalo de empresa e no mantemento de instalacións de xardinería e viveirismo, xerando emprego para persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, como paso previo á súa inserción en empresas ordinarias. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade foi testemuña de dúas das liñas de traballo da Fundación –discapacidade e emprego e emprendemento– que xunto co desenvolvemento territorial e a formación e a divulgación centran a meirande parte das súas actividades. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade leva anos colaborando con esta entidade, que recibiu desde 2009 máis de 2,1 millóns de euros de investimento no marco dos programas para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio en entidades sen ánimo de lucro, programas integrados de emprego e formación para persoas desempregadas. A Administración autonómica destinou ademais neste período outros 1,5 millóns de euros para apoiar o funcionamento e mantemento de postos no Centro Especial de Emprego Trébore. Ao igual que Paideia, a Xunta avoga pola formación e emprego a persoas con menos oportunidades de acceso ao mercado de traballo, baixo o compromiso da igualdade e a sustentabilidade, traballando en rede cos axentes sociais, públicos e privados.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar