• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Lorenzana salienta que Galicia Retorna e a Axenda Galega de Capacidades transformarán o mercado de traballo para ofrecer máis oportunidades de futuro

Lorenzana salienta que Galicia Retorna e a Axenda Galega de Capacidades transformarán o mercado de traballo para ofrecer máis oportunidades de futuro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 00:20

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, explicou hoxe no Parlamento as iniciativas que está a desenvolver a Xunta para ofrecer ás galegas e os galegos un mercado laboral “forte e atractivo”

Sinala que a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego está a mobilizar recursos públicos e privados para crear e manter unha contorna de “aprendizaxe permanente” para contribuír á mellora da competitividade empresarial

Pon en valor a Estratexia Galicia Retorna coa que se prevé facilitar o regreso de 30.000 galegas e galegos do exterior nos vindeiros catro anos cun orzamento de 450 millóns

A titular de Promoción do Emprego apunta que a renovación integral do Servizo Público de Emprego de Galicia está a mellorar o sistema de difusión das ofertas

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, expuxo hoxe no Parlamento de Galicia as diferentes actuacións e planificacións que está a desenvolver a Xunta para ofrecer ás galegas e galegos un mercado laboral “forte e atractivo” e que sexa “máis accesible e estea mellor interconectado”, co reto de que as empresas poidan contar con perfís profesionais adaptados ás súas necesidades, e a cidadanía con máis oportunidades de futuro.Para iso, referiuse a tres ambiciosas iniciativas que está a executar o departamento autonómico que dirixe: a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, a Estratexia Galicia Retorna e a renovación integral do Servizo Público de Emprego de Galicia. Con respecto á Axenda de Capacidades para o Emprego, sinalou que é pioneira en España, inspirada na Axenda Europea de Capacidades e articulada a través dun pacto social a tres bandas: Administración, tecido empresarial e poboación activa. O seu obxectivo é optimizar o emparellamento entre a oferta e a demanda de emprego, situando as capacidades das persoas no centro da axenda política e mobilizando, para iso, recursos públicos e privados para crear e manter “unha contorna de aprendizaxe permanente”. Isto, en palabras de Lorenzana, permitirá que as persoas traballadoras avancen no desenvolvemento do seu potencial e as empresas poidan crecer e mellorar a súa competitividade. No marco desta Axenda, a conselleira explicou que o Goberno galego artellou micro–formacións, deseñadas polas propias empresas, nas que poden participar tanto as persoas traballadoras ocupadas e desempregadas. No ano 2022, ao amparo desta medida, que se formalizou coa sinatura de convenios de colaboración cos clústeres e entidades representativas dos principais sectores estratéxicos para Galicia, leváronse a cabo 816 accións formativas, nas que participaron 12.405 alumnas e alumnos, dos que xa están cualificados máis do 80%. Para 2023, Lorenzana avanzou que para seguir executando estes convenios destinaranse 3,3 millóns de euros para poder formar a máis de 7.500 persoas a través de preto de 460 cursos. A titular de Emprego centrou tamén a súa intervención na Cámara galega en explicar a Estratexia Galicia Retorna, coa que se pretende captar e reter talento. Estímase que nos vindeiros catro anos e cun investimento de 450 millóns de euros se facilite o regreso de 30.000 galegas e galegos do exterior. Esta planificación, segundo Lorenzana, ten o foco posto no eido laboral ao que se destinará ao redor do 40% do investimento global. Entre os programas que se levarán a cabo, puxo en valor o Retorna Cualifica Emprego dotado con case catro millóns de euros para que unhas 400 persoas residentes no exterior poidan retornar a Galicia cun contrato de traballo indefinido. “Este proxecto parte da idea do retorno como unha vantaxe competitiva que permita nutrir á sociedade e ás empresas galegas coa experiencia laboral de persoas de distintos países”, subliñou. Esta iniciativa xa arrancou o pasado xoves cando o Consello da Xunta deu o seu visto e prace ao protocolo que se ofrecerá á clústeres, asociacións empresariais e outras organizacións sectoriais para que se impliquen na actuación. En palabras da conselleira, a medida resultará clave para atender a demanda de profesionais que precisen as empresas nos casos nos que non se estea a cubrir coas persoas residentes en Galicia. Lorenzana, por último, referiuse á renovación integral do Servizo de Emprego de Galicia que vai desde a mellora da súa dixitalización, a través dunha ferramenta tecnolóxica que sincroniza información en tempo real, ata a mellora da capacitación do seu persoal grazas a un Plan de formación permanente e o novo corpo de orientadores laborais formado por 136 profesionais.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar