• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Laboratorio de Consumo de Galicia recibe a visita de técnicos estremeños para coñecer de preto o seu traballo

O Laboratorio de Consumo de Galicia recibe a visita de técnicos estremeños para coñecer de preto o seu traballo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:20

Na visita dos profesionais do laboratorio Incoex ao centro situado na Coruña, enmarcada no programa de colaboración con diferentes laboratorios de toda España, puxéronse en común técnicas para a mellora da eficacia e a eficiencia das instalacións públicas de ensaio de produtos de consumo

No Laboratorio de Consumo de Galicia analízanse xoguetes, artigos de puericultura e produtos eléctricos, entre outros

Galicia é líder no control de produtos perigosos, estando cada ano entre as comunidades que máis alertas comunican á Rede Nacional

O Laboratorio de Consumo de Galicia, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, recibiu recentemente a visita do persoal técnico do laboratorio Incoex de Estremadura, que se desprazaron ás instalacións situadas na Coruña para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven nos distintos departamentos da entidade galega.O obxectivo desta xornada foi buscar sinerxías entre ambos os dous laboratorios para así facilitar o intercambio de información co fin de mellorar a eficacia e eficiencia das instalacións públicas de ensaio de produtos de consumo.O laboratorio público estremeño Incoex, que analiza xoguetes, está buscando ampliar o seu campo de actuación a artigos de puericultura, motivo polo cal optaron por coñecer os ensaios, acreditados por ENAC, que se levan a cabo no laboratorio galego. Tamén amosaron interese na tecnoloxía 3D que o laboratorio emprega para fabricar pezas e que lles permite ampliar as análises dispoñibles. Galicia é líder no control de produtos perigosos no mercado, estando cada ano entre as comunidades que máis alertas comunican á Rede Nacional grazas ao intenso labor de inspección e control. O Laboratorio de Consumo de Galicia analiza anualmente uns 500 produtos en eidos como o mecánico (xoguetes e artigos de puericultura), eléctrico, téxtil, e químico, entre outros. O pasado ano, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia alertou á Rede de Alerta Nacional de 82 produtos perigosos para a seguridade dos consumidores, e, no que vai de ano, a Comunidade xa alertou de 73 artigos. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE