• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á tartaruga Nemiña para a súa recuperación

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á tartaruga Nemiña para a súa recuperación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:20

Permanece no Igafa en observación baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), evoluciona favorablemente e unha vez remate esta etapa devolverase ao medio natural

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, acolle desde hai uns días á tartaruga Nemiña que apareceu o pasado 23 de novembro na praia de Nemiña en Muxía enredada nunha maraña de cabos e saco de rafia. O animal é unha tartaruga común (caretta caretta) de 34 centímetros de lonxitude e 2,2 quilos de peso e pasou a revisión por parte do veterinario da Rede de Varamentos de Galicia. Posteriormente foi ingresada no Igafa, onde está en observación baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e evoluciona favorablemente.Esta acción forma parte da colaboración que mantén a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desde o ano 2013 coa Cemma para a recuperación dos mamíferos mariños e outras especies que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos. Ademais conta coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do instituto dependente da Consellería do Mar. De feito, este tipo de estadías adoitan aproveitarse para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños.Nemiña permanecerá uns días en observación nas instalacións do Igafa e, unha vez rematada a súa recuperación, devolverase ao medio natural. Con ela o Igafa ten participado na recuperación de catro tartarugas mariñas e 13 lobos mariños que foron trasladados a este centro desde 2013para completar a súa recuperación. Estas colaboracións serven como actividade didáctica para a concienciación medioambiental e a adquisición de coñecementos para o mantemento e recuperación de especies mariñas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo