COPE

Newsletters
Registrarme

Xunta de Galicia

Iníciase o proceso de declaración BIC do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera como mostra excepcional do barroco no rural galego

Iníciase o proceso de declaración BIC do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera como mostra excepcional do barroco no rural galego

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:16

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o expediente na categoría de monumento que abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, espazos anexos e bens mobles

Coa apertura dos trámites, os bens gozan agora da protección estipulada pola Lei de Patrimonio e se procederá a continuación a solicitar informes aos órganos consultivos e asesores para resolver o expediente no prazo máximo de 24 meses

Como avanzou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nunha recente visita, este paso permitirá ao Concello acollerse a axudas para a súa rehabilitación

Diario Oficial de Galicia publica hoxe o expediente de incoación para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo. Concretamente, afecta a un amplo conxunto de edificacións, construcións e terreos: a igrexa parroquial, a casa reitoral, as construcións adxectivas e os espazos vencellados a estas, o adro da igrexa e o igrexario. Tamén se inclúen máis dunha vintena de bens mobles pertencentes ao conxunto monumental. En concreto, o expediente destaca o pazo abacial pola súa composición e singular distribución, así como dalguns dos elementos artísticos que o compoñen como a portada coroada pola “recoñecida e singular” peita, que se ten convertido no elemento máis representativo e simbólico do conxunto.Tal e como explicou nunha recente visita o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, a incoación do expediente e posterior declaración BIC é o primeiro paso da folla de ruta do Goberno autonómico para este conxunto xa que a Xunta ten previsto participar despois na redacción do proxecto no que se definan os seus usos e, despois, o Concello podería acollerse ao 1,5% Cultural para acometer a rehabilitación do inmoble. Esta é unha nova mostra do importante compromiso do Goberno galego por protexer, conservar e poñer en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade. De feito, declaráronse xa 106 BIC desde a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, o supón que Galicia teña na actualidade un total de 779 Bens de Interese Cultural.O conxunto parroquial de Barcia de Mera está constituído pola casa reitoral e a igrexa parroquial de Barcia de Mera que ocupan, de xeito illado, parte do igrexario parroquial. O pazo localízase na parte nordés, apegado ao camiño de acceso que conforma o límite leste da propiedade, mentres que a igrexa está no centro do adro. Ademais, existen dentro deste espazo outras construcións que completan o conxunto. A igrexa ten planta de cruz latina, na que a nave central divídese en dous tramos desiguais separados por un arco que descansa en pilastras e que se manifesta ao exterior con contrafortes. A torre do campanario ten unha planta cadrada e está composta por tres volumes escalonados en altura. Acada unha altura de 20 m, moi superior á de calquera elemento do conxunto parroquial.Por outra parte, o interior do pazo abacial conta con diversos elementos singulares como a propia cociña, ou as tres escaleiras de trama recto que conducen ao faiado e á planta inferior. Así mesmo, hai que indicar que o pazo abacial ten unha serie de construcións auxiliares: un alpendre apegado ao adro da igrexa, un hórreo, un lavadoiro e un gran muro de contención das terras da plataforma sobre a que se asenta o pazo.Tamén se protexen total de 26 bens mobles procedentes do interior do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera, entre os que se inclúen distintas tallas relixiosas e cruces procesionais e de relicario. O expediente inclúe o mapa que delimita o conxunto de edificacións, construcións e terreos protexidos. Como se explica no documento, a liña exterior do denominado igrexario de Barcia de Mera é asimilable coa parcela catastral da que é titular a Diocese de Vigo–Tui e englobaría a totalidade do conxunto parroquial. Coa incoación do expediente, como se indica no Diario Oficial de Galicia, ábrese agora un período de información pública durante o prazo dun mes para posibles alegacións. Tamén se solicitará o ditame dos órganos asesores e consultivos para a resolución do expediente nun prazo máximo de 24 meses. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Escucha en directo COPE, la radio de los comunicadores mejor valorados. Si lo deseas puedes bajarte la aplicación de COPE para iOS (iPhone) y Android.

Y recuerda, en COPE encontrarás el mejor análisis sobre la actualidad, las claves de nuestros comunicadores para entender todo lo que te rodea, las mejores historias, el entretenimiento y, sobre todo, aquellos sonidos que no puedes encontrar en ningún otro lado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Sorteo: Semifinales Copa del Rey

Sorteo: Semifinales Copa del Rey

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE