• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Os ingresos das lonxas galegas pola venda de polbo na última campaña constatan a recuperación da especie na Comunidade

Os ingresos das lonxas galegas pola venda de polbo na última campaña constatan a recuperación da especie na Comunidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:05

Os centros de poxa galegos comercializaron 1.700 toneladas durante a campaña 2021–2022, máis do dobre que no exercicio anterior, e o prezo medio foi o máis alto das últimas tres pesqueiras con máis de 9 euros o quilo en primeira venda


O resultado acadado é froito da xestión conxunta realizada pola Administración en consenso co sector e que permite establecer cada ano unha veda de arredor de mes e medio de duración para axustar a explotación do recurso

Bueu (Pontevedra), 9 de agosto de 2022A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a lonxa de Bueu xunto cos representantes da confraría de pescadores e analizou con eles a evolución do sector nos últimos meses, especialmente a campaña do polbo. En relación a esta última cuestión, destacou que a campaña 2021–2022 foi a mellor dos últimos anos ao saldarse con máis de 15,5 millóns de euros facturados, uns ingresos que triplican os da campaña 2020–2021, caracterizada por un importante descenso como consecuencia de distintos factores. De feito, as máis de 1.700 toneladas comercializadas nas lonxas da comunidade nese período supoñen máis do dobre que a campaña 2020–2021. Ademais, a titular de Mar sinalou que, entre xullo do ano pasado e maio deste ano, o prezo medio do polbo, de máis de 9 euros o quilo, foi o máis alto das últimas tres campañas en primeira venda. Estes datos, expuxo, amosan a boa evolución dun recurso do que na última campaña a cantidade comercializada duplicou á da campaña 2020/2021. No caso da lonxa de Bueu, na pasada campaña comercializáronse máis de 106 toneladas de polbo –case o triplo que no período 2020–2021–, cunha facturación que superou o millón de euros. O prezo medio situouse no 9,7 euros por quilo, o que representa máis dun 45% por enriba da media histórica e constitúe o segundo mellor valor da serie, superado polos 9,93 euros o quilo da campaña 2017–2018. Segundo subliñou Rosa Quintana, estes datos son un reflexo de que a evolución do polbo é cíclica. Nesta liña, engadiu que os indicios como a abundancia de xuvenís no mar apuntaban a unha mellora nos resultados da última campaña. O resultado desta pesqueira, que conta con preto de 1.200 embarcacións autorizadas en Galicia, é froito da xestión conxunta realizada pola Administración en consenso co sector e que permite establecer cada ano unha veda de arredor de mes e medio de duración. Este período de descanso para a especie é unha das medidas técnicas incluídas no plan de xestión coa finalidade de axustar a explotación do recurso ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha pesca máis sustentable. Nas cinco primeiras semanas da campaña actual, que deu comezo o pasado 4 de xullo, as vendas de polbo nas lonxas galegas foron de arredor de 230 toneladas, cun prezo medio de 8,8 euros o quilo, o que o sitúa como o terceiro máis alto da serie histórica. Así o destacou tamén a conselleira do Mar na visita de hoxe, unha cita que se enmarca no contacto permanente da Xunta co sector para avaliar as súas necesidades e analizar a evolución da súa actividade. No caso do polbo, as partes realizan un seguimento constante da súa situación a través da comisión de seguimento do plan de xestión da especie, no que analizan o seu estado e adoptan as medidas máis oportunas para o desenvolvemento sustentable da actividade, como é o caso da veda. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar