• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia salienta o labor das organizacións de produtores pesqueiros a prol da remuda xeracional e a mellora da comercialización dos seus recursos

Galicia salienta o labor das organizacións de produtores pesqueiros a prol da remuda xeracional e a mellora da comercialización dos seus recursos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 12:45

Rosa Quintana destacou o proxecto Faite do mar, desenvolvido pola Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo para atraer aos máis novos ao sector, así como o seu selo Fresco e Salvaxe, para dar valor aos produtos capturados pola frota

A Xunta apoia estas iniciativas
mediante as axudas aos plans de produción e comercialización das OPP, nos que este ano inviste 2,1 millóns de euros para as iniciativas aprobadas e executadas en 2021

A estes apoios engádense os 200.000 euros que destina o Executivo galego á creación de novas OPP e as súas asociacións, unha convocatoria que sae publicada hoxe no DOG

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o labor que levan a cabo as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) de Galicia para facer fronte a algúns dos principais retos aos que se enfronta o sector do mar, como a falla de remuda xeracional ou a mellora da comercialización dos seus produtos. Así o asegurou durante un encontro mantido hoxe con representantes da Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF–4), que ten en marcha distintas accións relacionadas con estas problemáticas e que contan co apoio da Xunta de Galicia.Unha delas é a campaña Faite do mar, coa que a entidade pretende promocionar o emprego no sector pesqueiro favorecendo a incorporación das mozas e mozos galegos á actividade. A titular de Mar salientou a importancia deste tipo de iniciativas ?que se desenvolve mediante visitas a distintos centros formativos, accións online, xornadas de portas abertas e a través das redes sociais– para amosarlles aos máis novos que a pesca é unha boa alternativa laboral e de futuro. Nesta liña, a OPPF–4 impulsa este ano unha acción formativa específica de contramestre para facilitar a capacitación das persoas interesadas en exercer esta profesión. Así mesmo, co ánimo de darlle valor aos produtos do mar, a entidade tamén impulsou a marca de calidade Fresco e Salvaxe, coa que pretende dar valor aos produtos frescos que comercializa a súa frota (pescada, rapante e peixe sapo, principalmente). Este distintivo certifica a orixe salvaxe e a frescura do peixe e a súa captura con artes de pesca tradicionais por parte dos buques adheridos á marca, que está aberta a armadores e vendedores de toda España.Rosa Quintana indicou que ambas iniciativas contribúen a impulsar o sector e desenvólvense ao abeiro dos plans de produción e comercialización da OPP, que contan co apoio financeiro da Administración autonómica. De feito, lembrou, a Xunta destina este ano 2,1 millóns de euros para os plans aprobados e executados polas organizacións de produtores pesqueiros e da acuicultura en 2021, uns apoios que están cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Mediante estas achegas, as OPP poden afrontar gastos como os de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos derivados da preparación e aplicación dos plans, que inclúen aspectos como o programa de produción para as especies capturadas, a estratexia para adaptar a cantidade, calidade e presentación da oferta ás exixencias do mercado e medidas preventivas especiais para as especies con dificultades de comercialización. A titular de Mar explicou que o obxectivo destas axudas e das accións promovidas polas OPP é evitar e reducir as capturas non desexadas e contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca, así como favorecer a eliminación da pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. Ao mesmo tempo, os proxectos apoiados tratan de fomentar a rendibilidade económica e o abastecemento de alimentos, impulsar o emprego nas zonas rurais e reducir o impacto ambiental na pesca apostando polo exercicio de actividades viables e sustentables, entre outras cuestións.A representante do Executivo galego, que estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, lembrou que a estas axudas para os plans de produción e comercialización das organización de produtores pesqueiros se engaden tamén as de creación de novas OPP ou das súas asociacións, cuxas bases saen hoxe publicadas no Diario Oficial de Galicia ( DOG) e contan cun orzamento de 200.000 euros, tamén cofinanciadas co FEMP.Todas estas iniciativas, tal e como apuntou a conselleira na súa visita en Vigo, buscan mellorar a comercialización dos produtos do mar, favorecer o crecemento do sector e o desenvolvemento das zonas costeiras, polo que avogou por seguir apostando pola cogobernanza co sector para fomentar a rendibilidade da frota así como a economía do conxunto de Galicia .


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar