COPE

Xunta de Galicia

Galicia rexistra un total de 15.858 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 15.858 casos activos por coronavirus

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:05

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.858 deles 3.173 son da área da Coruña, 2.226 da de Lugo, 2.198da de Ourense, 1.611 da de Pontevedra, 2.508 da área de Vigo, 2.828 da de Santiago e 1.294 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 824en unidades de hospitalización e 15.000 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 634.811 persoas curadas, rexistrándose 3.633 falecementos. Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:Muller de 89 anos,na área sanitaria de Ferrol. Muller de 88 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.Muller de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.Home de 78 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Home de 87 anos, na rea sanitaria de Santiago e Barbanza.Home de 85 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.Home de 74 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Home de 83 anos, na área sanitaria de Vigo.Muller de 46 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.O número de doses de vacina contra a covid–19 administradas é de 6.698.575.A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanenteA Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid–19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045. Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano –preferentemente desbotable– ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar