• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia e Euskadi propoñen ao Goberno central medidas de choque urxentes para a incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria

Galicia e Euskadi propoñen ao Goberno central medidas de choque urxentes para a incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:35

Julio García Comesaña e Gotzone Sagardui, consideran que é necesario adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación

Galicia e Euskadi propoñen á ministra de Sanidade medidas de choque urxentes destinadas á incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria, para que sexan tratadas no Consello Interterritorial.O conselleiro de Sanidade de Galicia, Julio García Comesaña; e a conselleira de Saúde de Euskadi, Gotzone Sagardui, asinaron un manifesto de carácter aberto para reforzar a atención primaria. O documento xa o remitiron ao Ministerio de Sanidade e van presentalo no Consello Interterritorial do próximo mércores. No mesmo dise que, máis aló do Plan de Acción de Atención Primaria, ante o déficit de especialistas que padecen todos os servizos de saúde autonómicos, necesítanse "medidas de choque urxentes" dentro das competencias en formación de especialistas que dependen de forma exclusiva do ministerio.No documento, expóñense seis medidas competencia do Ministerio de Sanidade, que pasan por non deixar prazas desertas MIR; a creación doutras especialidades para evitar o desprazamento de profesionais de medicina familiar e comunitaria; a ampliación do número de prazas de formación especializada; un plan extraordinario de formación; ou unha planificación rigorosa de futuro, entre outras. Apoiado nas previsións de informes do propio Ministerio de Sanidade, o manifesto expón que o escenario de déficit de especialistas en medicina de familia tenderá a agravarse co elevado número de xubilacións previsto para os próximos anos, e que, o único modo de compensalo, é a través da incorporación de ao redor de 1.000 prazas formativas máis desta especialidade nas convocatorias anuais dos próximos anos."Non hai agora mesmo na sanidade un problema máis urxente nin unha necesidade máis perentoria. Por iso, debemos adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación." Galicia e Euskadi chaman ao resto de comunidades autónomas e ao ministerio a "un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación". Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE