• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia destaca a colaboración público-privada como un elemento chave a ter en conta na nova axenda de innovación europea

Galicia destaca a colaboración público-privada como un elemento chave a ter en conta na nova axenda de innovación europea

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:05

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se debateu sobre a nova Axenda de Innovación Europea

No pleno tamén se abordaron as novas medidas para paliar o impacto que a crise de alimentos e enerxética está a ter nos fogares europeos

Normal 0 21 false false false ES X–NONE SI–LK Bruxelas, 1 de decembro de 2022O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta semana en Bruxelas no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) en representación de Galicia. Na sesión aprobáronse 10 ditames de opinión e dúas resolucións políticas, ademais de celebrarse tres debates de alto nivel sobre a crise enerxética, a crise alimentaria a escala global e o Ano Europeo da Xuventude. Entre os ditames, destaca o relativo á nova Axenda de innovación europea, proposta pola Comisión Europea o pasado verán, e que as rexións europeas consideran un instrumento esencial para acelerar a transformación ecolóxica e dixital en Europa. A Axencia Galega de Innovación propuxo varias emendas a este texto para destacar o papel das universidades como catalizadoras entre o mundo académico e a industria para apoiar a innovación tecnolóxica e a transferencia de tecnoloxía.Jesús Gamallo salientou a este respecto que a colaboración “entre institucións de educación superior, centros tecnolóxicos, empresas tractoras e pemes deben ser os motores do cambio estrutural necesario para acelerar esta innovación e crear, reter e manter talento en Europa, ademais de crear postos de traballo de calidade”. En especial, referiuse ao reforzo da colaboración público–privada como a base dos procesos de transformación precisos para abordar de xeito integral os retos a curto e longo prazo. Así mesmo, o director xeral engadiu que a sociedade ten un papel importante que desempeñar neste sentido en canto orixe e destinataria de toda investigación e innovación.Outros dos debates máis relevantes desta sesión plenaria foron os referidos á crise de alimentos e enerxética que están a sufrir os fogares europeos. No pleno debatéronse as medidas adoptadas pola UE en resposta á invasión de Ucraína por parte de Rusia e os altos prezos dos alimentos, e impulsáronse novas medidas para aumentar a fortaleza do sistema alimentario europeo a nivel rexional. Con respecto á crise enerxética, o CdR fixo un chamamento a que as rexións e cidades estean no centro das reformas estruturais do mercado enerxético previstas para 2023. Galicia apoiou a solicitude das rexións europeas de que sexan as entidades locais e rexionais as beneficiarias directas dos fondos de emerxencia, xunto coas empresas e os fogares.O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega nesta asemblea.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar