• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia contará coa primeira aula formativa de España sobre pesca sostible na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira

Galicia contará coa primeira aula formativa de España sobre pesca sostible na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 14:38

A titular de Mar salientou que este novo contido formativo pretende chegar a todos os niveis educativos do centro e abarcará todo o proceso de captura dos recursos pesqueiros, desde que as embarcacións saen do porto ata o seu regreso a terra

A aula disporá de distintas seccións centradas en artes e aparellos, detección dos recursos, pesca sostible e responsable, conservación das capturas a bordo e cogobernanza da actividade extractiva

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Ribeira (A Coruña), 27 de maio de 2022.–A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe as instalacións da Escola Oficial Náutico–Pesqueira de Ribeira, onde anunciou que o centro dependente da Xunta será o primeiro de España en contar cunha aula de pesca sostible. Neste sentido, explicou que se trata dun novo contido formativo que pretende chegar a todos os niveis educativos da escola e que abarcará todo o proceso de captura dos recursos, desde a saída de porto das embarcacións ata o seu regreso a terra.Rosa Quintana detallou que esta aula –que está en proceso de deseño e dotación para tela operativa o antes posible– contará con cinco seccións para cubrir todos os eidos que teñen que ver coa actividade extractiva. A primeira delas é a de Tecnoloxía de materiais e pesca selectiva, que inclúe as prácticas de armado, lanzamento, mantemento e reparación de artes e aparellos e a solicitude de licencias, entre outras temáticas. A segunda céntrase nas Tarefas de teledetección e ecodetección dos recursos, vía novas tecnoloxías, satélite, sonar, ondas e ecoondas, e a terceira no Proceso de pesca sostible e responsable, sobre como realizar unha actividade e xestión que permitan preservar os recursos. A cuarta aborda o Proceso de conservación, para asegurar a calidade das capturas, o movemento do recurso aos puntos de control en terra e o proceso de conxelación e ultraconxelado a bordo, entre outros aspectos.A última desas seccións ten relación coa Cogobernanza e xestión responsable da actividade, un eido no que se formará ao alumnado na importancia do compromiso cos distintos axentes pesqueiros, do diálogo e da colaboración coas distintas administracións para un desenvolvemento axeitado da extracción dos distintos recursos.A titular de Mar salientou que a creación desta aula de pesca sostible contribuirá a que o conxunto do sector marítimo–pesqueiro galego avance neste eido e a que a comunidade manteña o seu papel como referente en prácticas sustentables demostrando, tanto ante as institucións europeas como internacionais, o seu compromiso coa protección dos recursos e a conservación do medio ambiente. A visita ás instalacións da Escola Oficial Náutico–Pesqueira de Ribeira coincidiu coa participación da conselleira por videoconferencia na xornada Pesca Saúde, organizada pola Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (Fesnad) coincidindo coa celebración do Día Nacional da Nutrición. Rosa Quintana salientou na súa intervención a relevancia de que toda a poboación inclúa os produtos do mar como un elemento básico da súa dieta e puxo de relevo o labor realizado pola Xunta desde o ano 2009 para promover o seu consumo facendo especial fincapé nos máis pequenos e na xente nova.A representante do Executivo galego incidiu nos beneficios que ten para a saúde unha alimentación a base de peixes e mariscos e animou especialmente aos alumnos da escola de Ribeira a incluílos na súa dieta pois ten unha transcendencia especial que os profesionais do sector marítimo–pesqueiro sexan promotores e defensores do consumo dos produtos cos que traballan no seu día a día.A titular de Mar tamén agradeceu o traballo realizado pola Fundación Dieta Atlántica e pola presidenta do seu comité científico, Rosaura Leis, na divulgación entre a cidadanía dos beneficios para a saúde de consumir peixes e mariscos. Ese agradecemento tamén o fixo extensible ao Concello de Ribeira e ao seu alcalde, Manuel Ruiz, por colaborar coa Consellería do Mar na organización de distintos eventos neste eido e polo seu apoio constante ao sector marítimo–pesqueiro local.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar