COPE

Xunta de Galicia

Galicia e o condado de Miami-Dade estreitan os seus lazos comerciais e buscan novas oportunidades para o tecido empresarial

Galicia e o condado de Miami-Dade estreitan os seus lazos comerciais e buscan novas oportunidades para o tecido empresarial

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:50

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro en Vigo con representantes de Miami Dade Beacon Council, responsable do desenvolvemento económico desta área clave para as relacións empresariais con Estados Unidos e o mercado latinoamericano

No primeiro trimestre de 2022, as exportacións galegas a Estados Unidos ascenden a preto de 159 millóns de euros, duplicando as do mesmo período de 2021

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro con representantes de Miami Dade Beacon Council, a asociación oficial público–privada responsable do desenvolvemento económico do condado de Miami–Dade, que xoga un papel clave para as relacións empresariais con Estados Unidos. A reunión serviu para reforzar os lazos comerciais con esta área, un destino estratéxico para empresas galegas que queiran expandirse a Estados Unidos, ou incluso as que queiran xestionar as operacións do mercado latinoamericano desde alí. A delegación, encabezada pola comisionada do distrito 7 do condado de Miami–Dade, Raquel Regalado, e o director executivo da xunta directiva do Beacon Council, William Talbert, mantivo tamén encontros coas Cámaras de Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e os sectores loxístico, TIC e naval, incluíndo unha visita a Navalia. Na reunión co vicepresidente primeiro da Xunta amosáronse interesados nos diferentes sectores produtivos galegos, entre os que destacaron a pesca, mentres que Galicia mostrou o seu interese por estreitar vínculos en sectores como as TIC, para a dixitalización do tecido empresarial; ou a biotecnoloxía. Pola súa banda, Conde destacou como referentes da industria en Galicia a automoción, o téxtil, o naval, e a industria agroalimentaria; e sectores emperxentes como a biotecnoloxía e o aeroespacial. Ao mesmo tempo, avogou por abrir novas canles de de comercialización de produtos. No primeiro trimestre de 2022, as exportacións galegas a Estados Unidos ascenden a preto de 159 millóns de euros, duplicando as do mesmo período de 2021 (cun incremento do 107%). Para continuar fomentando a internacionalización das empresas galegas, a Xunta de Galicia conta coa Estratexia de Internacionalización 2025, dentro da cal se enmarca a actuación das seis antenas comerciais coas que conta o Igape por todo o mundo, unha das cales está en Miami. Esta comenzou a súa actividade en agosto de 2020, e neste tempo colaborou no proceso de internacionalización das empresas galegas dando apoio a distintas misións comerciais, celebrando encontros ou prestando asistencia a unha trintena de empresas galegas na súa prospección comercial. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar