• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia, Castela e León e Asturias reforzan a acción conxunta para o impulso das infraestruturas do Corredor Atlántico Noroeste

Galicia, Castela e León e Asturias reforzan a acción conxunta para o impulso das infraestruturas do Corredor Atlántico Noroeste

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:20

O noroeste intensificará os actos comúns para reforzar a reivindicación ante o Goberno de España e a UE de investimentos na modernización e mellora da súa rede de comunicacións

As tres comunidades poñerán en común as respectivas estratexias das infraestruturas loxísticas, elaboradas por cada autonomía de forma coordinada

Os documentos identifican as prioridades de actuación en cada territorio para obter o máximo rendemento do Corredor Atlántico en termos de competitividade e capacidade loxística

Os obxectivos son reforzar a intermodalidade do tren cos demais soportes, aumentar a capacidade do ferrocarril e mellorar a relación tempo–prezo do transporte ferroviario de mercadorías

Normal 0 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022Galicia, Castela e León e Asturias están a reforzar a acción conxunta para o impulso das infraestruturas do Corredor Atlántico Noroeste. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participan hoxe nunha xuntanza telemática coa conselleira de Mobilidade e Transformación Dixital de Castela e León, María González Corral, e co conselleiro de Medio Rural e Cohesión Territorial do Principado de Asturias, Alejandro Calvo Rodríguez.Con este encontro, os responsables de transportes dos gobernos das tres comunidades autónomas confirman a vontade común do noroeste de intensificar os actos comúns e a da unión do noroeste arredor do Corredor Atlántico. O obxectivo é dotar de máis forza a reivindicación ante o Goberno de España e ante a UE para que se desenvolvan os investimentos precisos para acadar a modernización e mellora da rede de comunicacións deste ámbito territorial.Trátase de unificar agora o traballo que as tres comunidades desenvolveron de forma separada pero coordinada en todo momento en canto a obxectivos e parámetros, co obxectivo de propoñer ante o Goberno de España e da UE, actuacións concertadas para o desenvolvemento do transporte intermodal e da loxística no noroeste español. O camiño común procura incrementar a eficiencia da loxística, mellorar a competitividade industrial e fomentar unha mobilidade máis sostible, algo que require dunha rede de transporte de mercadorías de calidade. Así, considérase que o Corredor Atlántico debe traducirse para o noroeste nunha maior intermodalidade, nun aumento da capacidade da rede e nunha mellora da relación custo–prazo do transporte de mercadorías por ferrocarril.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar