• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia advirte de que a proposta de peche do xurelo en augas do Cantábrico e Gran Sol para 2023 tería un impacto de preto de 30 M? na súa economía

Galicia advirte de que a proposta de peche do xurelo en augas do Cantábrico e Gran Sol para 2023 tería un impacto de preto de 30 M€ na súa economía

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 17:00

A comunidade galega aporta argumentos socioeconómicos para defender os intereses da súa frota nas negociacións que se van desenvolver en Bruxelas entre o domingo e o luns para fixar as cotas de pesca do vindeiro ano en augas exclusivas da UE

A cota cero para o xurelo nas pesqueiras do norte europeo afectaría a preto de 3.800 tripulantes e tería unha incidencia directa nos ingresos por primeira venda de arredor de 12 millóns de euros

A Xunta defende a necesidade de considerar outras opcións de establecemento de cotas sinaladas nas recomendacións científicas para poder manter aberta a captura do xurelo nesta zona e aumentar ao mesmo tempo a flexibilidade de pesca da cota fixada nas augas que van de Fisterra cara o sur

Galicia salienta que a pesca da anguía no seu territorio se mantén en equilibrio desde 2010 e aposta pola adopción de medidas alternativas á paralización da actividade que propón Bruxelas

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022A Consellería do Mar remitiu hoxe ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e á Representación Permanente de España na Unión Europea (Reper) un informe socioeconómico que cifra en preto de 30 millóns de euros o impacto que tería na economía de Galicia a proposta de establecer en 2023 un total admisible de capturas (TAC) cero para o xurelo tanto en augas do Cantábrico –entre Fisterra e o golfo de Biscaia– como no Atlántico Nororiental. A comunidade aporta este documento co obxectivo de defender os intereses da súa frota e que os aspectos socioeconómicos sexan tidos en conta nas negociacións dos TAC e cotas en augas exclusivas da Unión Europea que se van celebrar entre o próximo domingo e o luns no tradicional Consello de Ministros de Pesca. A comunidade lembra que esta proposta de peche da pesqueira afectaría a distintas frotas –arrastre e palangre do Atlántico Nororiental, arrastre de litoral, cerco, volanta, palangre de fondo e artes menores– incidindo na actividade de preto de 3.800 tripulantes e cun impacto directo en primeira venda de arredor de 12 millóns de euros.De acordo co cálculo económico das Táboas Input–Output de 2019 –elaboradas pola Universidade de Santiago de Compostela– esa redución nos ingresos da frota repercutiría negativamente nos salarios das tripulacións en máis de 4,4 millóns de euros, unha incidencia que sería de arredor de 1.200 euros anuais por tripulante. A eses prexuízos sumaríanse tamén as consecuencias indirectas sobre os bens e servizos provistos aos barcos, que roldan os 4,3 millóns de euros, pola minoración dos inputs necesarios para desenvolver a actividade pesqueira e que son provistos por empresas de todo tipo, desde a subministración de gasóleo ata o xeo, os víveres, os servizos de reparación ou administrativos, entre outros. Galicia remite este informe socioeconómico tanto a Bruxelas como ao Goberno central co obxectivo de facer fronte á tendencia rexistrada nos últimos anos de que na fixación das posibilidades de captura unicamente se teñen en conta os aspectos biolóxicos das especies malia que a Política Pesqueira Común (PPC) establece a necesidade de que haxa un equilibrio entre os eidos ambiental, económico e social. Este estudo lembra que o sector marítimo–pesqueiro incide en 76 das 83 ramas de actividade da economía galega e ten como obxectivo suavizar e mellorar as propostas da Comisión Europea evitando así o impacto que poden ter tanto na frota galega como nas doutras comunidades. De feito, a conselleira do Mar xa expuxo no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios do pasado luns que Galicia defende a necesidade de evitar recortes drásticos nas cotas como esta proposta de TAC 0 para o xurelo.A representante da Xunta apelou á prudencia pois existen precedentes que mostran a necesidade de actuar con cautela na elección das medidas de xestión. Neste sentido, puxo como exemplo o caso da sardiña, para a que tamén se propuxo no seu día un peche total da pesqueira durante 15 anos e, finalmente, logrouse recuperar a especie en apenas un lustro sen ter que paralizar a actividade extractiva.Na mesma liña, Rosa Quintana lembrou o caso da pescada en augas ibéricas. Tras anos de recortes na cota de pesca, descubriuse que había un erro no modelo de cálculo da biomasa da especie –co que o estado do stock era moito mellor do estimado– o que levou a propoñer de xeito repentino unha suba do TAC do 70%. Ante esta situación, Galicia pide manter aberta a pesqueira do xurelo no Cantábrico e Gran Sol aplicando outras alternativas de asignación de TAC sinaladas no propio informe do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) así como defender que se poida facer actividade pesqueira específica e non só accesoria. Ao mesmo tempo solicita aumentar a flexibilidade de pesca da cota fixada de Fisterra cara o sur –do 10% actual ao 25%– tendo en conta que o stock estaría mesturado nesta área na que se xuntan os límites das zonas VIIIc e IXa. A comunidade tamén aposta por estudar o recurso por zonas tendo en conta que a situación da especie non pode ser a mesma en Noruega que en augas do Cantábrico, polo que non se deben aplicar medidas de xestión idénticas nas dúas áreas de pesca.En canto á anguía –outra especie para a que Bruxelas tamén propón cero capturas–, o Goberno central xa conta con outro informe de impacto socioeconómico remitido anteriormente por Galicia así como co súa posición nesta cuestión. A comunidade lembra que a pesqueira deste recurso mantén un equilibrio desde 2010, polo que aposta pola adopción de medidas alternativas á paralización da actividade que pretende aplicar o Executivo comunitario.Neste sentido, a Xunta conta cun rigoroso sistema de control e trazabilidade do recurso en colaboración coa Comandancia do Miño e pide conxelar os permisos de pesca así como ampliar a veda –en caso de que sexa necesario– e sustentala nos meses con menor volume de capturas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar