• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia acada a cifra histórica de 70.000 persoas con dependencia atendidas, cinco veces máis que no ano 2009

Galicia acada a cifra histórica de 70.000 persoas con dependencia atendidas, cinco veces máis que no ano 2009

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 01:27

Rueda sinala que a Xunta está a implantar un novo modelo de coidados para os maiores con medidas como a creación dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España, un deles no concello de Mos

O Goberno galego está a crear habitacións intelixentes en todas as residencias da rede autonómica e a aplicar un plan de centros libres de suxeicións

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que Galicia superou no mes de marzo o récord histórico de atención á dependencia ao acadar os 70.000 galegos atendidos. Fíxoo durante a inauguración do centro de día O son do Regueiro que se abre en Torroso, no concello de Mos. O presidente indicou que esta cifra supón multiplicar por cinco o número de atendidos no ano 2009, cando non se superaban os 14.000 galegos cunha prestación. Galicia acada esta cifra histórica a pesar de que o Goberno central segue sen cumprir coa súa obriga de achegar o 50 % dos fondos para a atención á dependencia, tal e como establece a Lei. Na actualidade, a Xunta achega o 70 % e o Estado tan só o 30 %. Rueda sinalou que a atención a maiores é unha prioridade para o Goberno galego e por iso, elaborou un novo modelo de coidados que xa se está a aplicar. Mostra disto, explicou, é a creación dos dous primeiros centros de coidados intermedios públicos de España, un deles poñerase en marcha no Concello de Mos e outro en Santiago, e a creación de habitacións intelixentes en todas as residencias da rede pública autonómica, o que permitirá instalar sensores de movemento que alerten de caídas e melloren a atención. Tamén destacou a aposta da Xunta por uns centros de maiores libres de suxeicións. Esta semana comezouse a aplicar un plan pioneiro para lograr eliminar estes mecanismos en dous centros da rede pública autonómica, que se estenderá ao resto das residencias. O presidente sinalou que este modelo aposta por aproveitar as vantaxes tecnolóxicas nos coidados, pola humanización dos centros e tamén por promover unha maior coordinación sociosanitaria. O presidente inaugurou o centro de día O son do Regueiro, situado en Torroso. A Xunta achegou para a construción e equipamento deste novo servizo máis de 700.000 euros, o 60 % do custe da obra. Desta cantidade, 200.000 euros proceden dos fondos Agader e os 500.000 restantes da orde de axudas a entidades da Consellería de Política Social e Xuventude para a construción de centros de servizos sociais. Este novo centro estará moi pronto en funcionamento e ofrecerá 25 prazas de atención, ampliables a 40. Contará con servizo de enfermería, ximnasio, sala de actividades, sala de usos múltiples e cociña.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar