• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación sobre a nova ABAU ante a negativa do Goberno central a escoitar as propostas autonómicas

Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación sobre a nova ABAU ante a negativa do Goberno central a escoitar as propostas autonómicas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:00

A Xunta comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Goberno do Estado non ten en conta ningunha das principais achegas construtivas que lle foron elevadas

A Consellería de Educación insiste na necesidade de elaborar unha proba única de consenso que garanta a igualdade de oportunidades de todo o alumnado nun sistema de distrito único universitario como é España

Lamenta que o Ministerio tampouco escoite a organismos independentes como a Real Academia de la Lengua, a Red Española de Filosofía ou os coordinadores do exame de Lengua Castelá e Literatura, moi críticos coa proposta ministerial

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022 A Xunta de Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación para o deseño e implementación da nova ABAU ante a negativa do Goberno do Estado de atender ningunha das principais propostas autonómicas. Así pois, Galicia comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Ministerio desbota por sistema a meirande parte das achegas que lle foron elevadas desde unha perspectiva construtiva. Lamenta, así mesmo, que tampouco escoite opinións de organismos independentes e referentes no seu ámbito como a Real Academia de la Lengua (RAG), a Red Española de Filosofía ou os coordinadores do exame de Lengua castelá e Literatura, moi críticos coa proposta ministerial. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vai seguir defendendo unha proba de consenso que naza da rigorosidade e do diálogo a prol de garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado, máxime nun sistema de distrito universitario único como é España. Así o expuxo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta, Judith Fernández, nunha reunión celebrada esta mañá. A representante da Consellería reiterou a necesidade de deseñar unha proba da ABAU con criterios de avaliación homologables e uniformes, así como que se adíe o calendario de implantación e se elimine a proba de madurez que pretende instaurar o Ministerio e que diminúe o nivel de esixencia e, por conseguinte, xera máis desigualdade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar