• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias salienta a colaboración entre Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta para promover a innovación responsable no sector pesqueiro

Fernández-Tapias salienta a colaboración entre Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta para promover a innovación responsable no sector pesqueiro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 15:05

A delegada territorial da Xunta participou na apertura da xornada na que se presentaron os resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou a Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia como exemplo de colaboración no eido da investigación mariña e a prol do equilibrio nos criterios medioambientais, sociais e económicos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, participou este martes na presentación dos resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño (proxecto Pasos) levado a cabo gracias á colaboración de Fundamar, os centros de investigación CIM e Ecobas, da Universidade de Vigo, e o apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.“Estamos ante un bo exemplo dos froitos que se poden lograr gracias á colaboración entre diferentes organismos en busca do ben común. Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta de Galicia camiñan xuntos tamén nesta ocasión co obxectivo de promover a investigación e a innovación responsable a través das entidades de economía social”, sinalou a representante autonómica.Fernández–Tapias aproveitou a ocasión para referirse ao veto de Bruselas á pesca de fondo do que dixo “é un ataque directo á flota, sen ningún fundamento ou estudo que o avale”, para engadir que “se trata dunha decisión completamente arbitraria que pode supoñer un golpe mortal para o sector”. Recollía así a luva do presidente de Fundamar, Javier Touza, quen se manifestou visiblemente molesto coa medida. Ambos os dous coincidiron en reclamar ao Goberno de España que exerza toda a presión política necesaria e busque aliados noutros países igualmente afectados. “Desde a Xunta a poiaremos calquera actuación neste sentido aportando datos e os argumentos técnicos e xurídicos que sexan necesarios”, anotou a delegada territorial para quen a moratoria de dous meses que defende o Executivo autonómico “é fundamental para evitar danos irreversibles para o sector”. Fernández–Tapias confiou no apoio do Estado, que é o que está lexitimado para facer esta reclamación, e nas xestións do ministro Luis Planas, ao tempo no que reclamou ao ministro de Consumo, Alberto Garzón, maior coñecemento e seriedade nun tema tan importante. “Sorprenden as súas declaracións e máis que as faga nunha visita a Vigo, á capital europea da pesca”, sentenciou. Fernández–Tapias acudiu á apertura da xornada no Edificio Redeiras do Berbés, no que tamén participaron Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da Universidade de Vigo, e Javier Touza, presidente de Fundamar, que foi clausurada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Tamén estiveron presentes diferentes representantes dos centros de investigación CIM e Ecobas, das entidades do sector mariño e da administración, que debateron sobre as accións propostas no plan e as posibilidades de mellora do sector. A iniciativa pretende reducir a fenda que existe entre a comunidade científica e a sociedade, incentivando que as entidades do sector do mar traballen xuntas en todo o proceso de investigación e innovación. Durante a clausura deste evento, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, enxalzou a importancia de contar con mecanismos que favorezan a colaboración no ámbito da investigación mariña. Nesta liña, puxo como exemplo a Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia, unha iniciativa pioneira na comunidade galega e creada pola Xunta para incrementar o intercambio de información entre os diferentes axentes relacionados con este eido e coa finalidade de adaptarse ao contexto ambiental e socioeconómico das pesqueiras e recursos mariños galegos.

Este órgano, subliñou Susana Rodríguez, enriquecerá os datos e argumentos de Galicia a favor dunha xestión marítimo–pesqueira na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais e para garantir o futuro do mar promovendo unha xestión responsable. Neste sentido, destacou a necesidade de máis datos biolóxicos, ambientais e socioeconómicos para defender os intereses de Galicia ante institucións como as europeas e fixo fincapé en que esta rede representa o potencial da comunidade neste ámbito.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar