• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias destaca as 70 iniciativas do programa "O Teu Xacobeo" que mobilizaron máis de 2,3 M? na cidade de Vigo

Fernández-Tapias destaca as 70 iniciativas do programa “O Teu Xacobeo” que mobilizaron máis de 2,3 M€ na cidade de Vigo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:00

A delegada territorial da Xunta salienta a “transversalidade” das actuacións que permitiu acadar o obxectivo descentralizador

“Permitiunos diversificar, entre moitos colectivos, o impacto do Camiño e o valor do Ano Santo”, sinalou

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, participou este luns no acto de balance do programa “O Teu Xacobeo” promovido pola Xunta de Galicia para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade. No acto de presentación tamén participaron o director da Fundación Menela, Cipriano Jiménez, e Lorena Vilán, directora de Prado Surf, para relatar a súa experiencia a través dos seus proxectos xacobeos. A iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia apoiou 70 proxectos na cidade de Vigo (107 en toda a área viguesa) que permitiron mobilizar máis de 2,3 millóns de euros (case 3 millóns nos municipios da comarca). Fernández–Tapias subliñou o éxito do programa e expuxo que “permítenos diversificar, entre moitos colectivos e a través de moitos pequenos actos, o impacto do Camiño e o valor deste Ano Santo, incorporando centos de propostas á programación do Xacobeo”.Os proxectos levados a cabo en Vigo recibiron preto de 1,1 milóns de euros en achegas, mentres que outros 300.000 foron para actuacións nos concellos de Mondariz, Mos, Oia, Nigrán, Ponteareas, A Guarda, Covelo, O Rosal, Gondomar, As Neves e Tui.Segundo dixo, “trátase da maior convocatoria aberta de proxectos de dinamización sociocultural da historia de Galicia, o que permite espallar actividades en case todos os concellos da provincia implicando a asociacións, entidades públicas e privadas e que permitiron abordar o fenómeno do Xacobeo e do Camiño desde unha perspectiva multidisciplinar”. “Esta iniciativa pretende incrementar a implicación a nivel local na celebración deste Ano Santo, facendo máis presentes os valores do Camiño na propia sociedade galega.”, apuntou a representante autonómica, para destacar que todos estes proxectos “contribuíron moito a converter a Galicia nun destino seguro e fiable, situando a nosa comunidade como a terceira en recuperación de viaxeiros e a segunda con maior recuperación da demanda hoteleira”.Neste senso, a representante autonómica insistiu en que a Xunta traballou para facer deste o mellor Xacobeo de todos os que se recordan, cunha potente programación en 2022 na que Vigo xogou un papel fundamental.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE