• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias anuncia a licitación das obras de mellora na estrada autonómica PO-315 en Cangas por máis de 257.000 ?

Fernández-Tapias anuncia a licitación das obras de mellora na estrada autonómica PO-315 en Cangas por máis de 257.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:05

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou que os traballos se desenvolverán entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380 e na entorna do quilómetro 13+500

As empresas interesadas na execución das obras teñen de prazo ata o vindeiro 1 de agosto para presentar as súas ofertas

Recordou que o Goberno galego está a investir 1,1 millóns de euros nas obras para eliminar o treito de concentración de accidentes na estrada PO–551 en Coiro e Tirán

Cangas (Pontevedra), 6 de xullo de 2022A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, desprazouse hoxe ata a PO–315 para anunciar a licitación , por importe de 257.710 euros,das obras de mellora nesta estrada autonómica no Concello de Cangas.Concretamente, segundo informou a representante do Goberno galego, actuarase en dous treitos, situados entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380 e naentorna do 13+500. A este respecto, Fernández–Tapias incidiu en que o Executivo autonómico continúa a mellorar a rede viaria “para reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios e favorecer unha mobilidade máis sustentable”.Detallou, así, que os traballos que se desenvolverán entre os puntos 10+100 e 10+380 ao seu paso pola parroquia de Aldán, contemplan a mellora dos percorridos peonís, con novas beirarrúas accesibles e unha pasarela peonil aparellada a un pontón sobre o río para permitir a continuidade da beirarrúa. Neste tramo incluirase, ademais, a reordenación das interseccións de acceso á praia de San Cibrán, dos pasos de peóns e das paradas de autobús, xunto coa renovación da rede de pluviais e o alumeado. En canto ao segundo treito do proxecto, entre os puntos 13+200 e o 13+550, apuntou que se acometerán tres actuacións puntuais para dar continuidade á beirarrúa actual, na parroquia de Darbo. Para isto, executarase en cada caso un pequeno muro de espigón.As empresas interesadas na execución destes traballos teñen ata o vindeiro 1 de agosto para presentar as súas ofertas. As obras, que serán financiadas con fondos europeos REACT EU como parte de resposta da Unión Europea á pandemia da covid–19 dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014–2020, contan cun prazo de execución de 4 meses.TCA da PO–551 Fernández–Tapias aproveitou a súa visita ao municipio pontevedrés de Cangas para recordar que a Xunta está a investir 1,1 millóns de euros nas obras para eliminar o treito de concentración de accidentes na estrada PO–551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña. Segundo dixo, o obxectivo é ter rematados os traballos que se iniciaron no mes de xuño a finais deste ano. Ademais, explicou que as obras proxectadas neste treito permitirán ampliar a estrada e actuar en 5 interseccións para incrementar a seguridade, mellorando as beirarrúas en 3 treitos e as paradas de autobús para facilitar os desprazamentos a pé e facer máis cómoda á espera do transporte público. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar