COPE

Xunta de Galicia

Fabiola García asegura que as ideas sobre residencias do Goberno central son irrealizables ao encarecer e dificultar o acceso aos coidados para os maiores

Fabiola García asegura que as ideas sobre residencias do Goberno central son irrealizables ao encarecer e dificultar o acceso aos coidados para os maiores

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:00

Indica que a proposta é inasumible e o Goberno central non garante o financiamen–to necesario para levala a cabo

Lamenta que non foi consensuada nin co sector nin coas administracións compe–tentes, para quen tamén teñen estas medidas un importante impacto económico

Normal 0 false false false ES JA AR–SA Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022.– A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asegurou que as ideas sobre residencias presentadas polo Goberno central son irrealizables ao carecer de orzamento e encarecer e dificultar o acceso aos coidados para as persoas maiores. Así o sinalou esta mañá, cando participou por videoconferencia na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais sobre a redefinición do modelo de coidados.A conselleira sinalou que a proposta estatal suporía unha importante perda de prazas e de postos de traballo no ámbito dos coidados, cando nestes momentos se necesita todo o contrario: máis servizos e máis prazas. Ademais, é un modelo discriminatorio cos centros situados no rural con respecto aos urbanos, situación na que se atopan un gran número de instalacións en Galicia. Ademais, Fabiola García lamentou que o modelo do Executivo central carece de consenso co sector e coas administracións competentes, para quen ten un importante impacto económico. Neste senso, lembrou que o Goberno central non garante o financiamento necesario para levar a cabo estas propostas. Un financiamento que xa é de por si deficiente ao non cumprirse os límites legais establecidos pola Lei de dependencia, que sinala que o Estado e a Administración autonómica deben financiar a dependencia ao 50%. Na actualidade, dos 430 millóns destinados a este ámbito en Galicia, a Xunta financia o 70% e o Goberno central tan só o 30%.Modelo de coidados galegoPola súa banda, a conselleira destacou que Galicia seguirá a traballar no modelo de residencias realista e consensuado co sector impulsado pola Xunta. Un modelo que foi aprobado o pasado mes de decembro polo Parlamento de Galicia e que, a diferencia da proposta estatal, si aposta firmemente pola coordinación sociosanitaria. Así mesmo, entre as medidas incluídas neste modelo autonómico, atópase a incoporación das vantaxes tecnolóxicas ao funcionamento diario dos centros; mellora da humanización das instalacións e a realización de reformas estruturais asumibles a través da creación de unidades de convivencia que garantan unha atención máis individualizada.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Lo mejor del Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Reproducir
Directo Lo mejor del Partidazo de COPE

Lo mejor del Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar