Xunta de Galicia
Os dez padexeiros galegos desprazados a Canadá acadan o mellor resultado da historia nun Mundial de Piragüismo Sprint

Xunta de GaliciaXunta de Galicia
Tiempo de lectura: 2'
Actualizado 21:00
A práctica totalidade dos padexeiros galegos que acadaron resultados adestran en Verducido
Galicia está presente no 50% de todas as medallas que conseguiu a delegación espa–ñola
En total os padexeiros galegos sumaron catro medallas –tres campionatos do mundo e un subcampionato–, catro cuartos postos e tres posicións de finalistas máis.
Carlos Arévalo e Rodrigo Germade acadaron a medalla de ouro no K4 500. O padexeiro de Betanzos repetiu este domingo acadando outro ouro no K1 200. O C4 500 masculino, con tres galegos –Pablo Graña, Manuel Fontán e Adrián Sieiro– tamén se proclamou campión do mundo. Pola súa banda, Teresa Portela e Sara Ouzande, conseguiron a medalla de prata en K2 200.Teresa Portela e Sara Ouzande, acompañadas doutra galega, Carolina Otero, lograron o cuarto posto en K4 500 feminino. A mesma sorte correu Adrián Mosquera, en Paracanoe, na modalidade VL3 200. Noel Domínguez e Diego Domínguez fixeron o propio no C2 1.000.
A estes éxitos tamén hai que sumarlles tres postos de finalistas máis: Pedro Vázquez en K2 1.000, Manuel Fontán en C1 200 e Pablo Crespo en C1 1.000. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, manifestou a súa ledicia por este impresionante resultado que amosa o grande potencial galego nos deportes náuticos en xeral e no piragüismo en particular. Do mesmo xeito, sinalou o excelente traballo que se está a facer na tecnificación, xa que o 85% destes padexeiros adestran no Campo de Regatas de Verducido. O mandatario galego destacou o capital papel de Galicia no piragüismo nacional, xa que o 50% de medallas do mundial teñen acento galego, un dato que referenda que algúns dos equipos nacionais de canoa e kayak estean adestrando tamén en Verducido e certifica as grandes esperanzas galegas cara París 2024.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
Etiquetas

- item no encontrado