• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Culturgal fornecerá a súa dimensión profesional e redefinirá o modelo de feira co apoio da Xunta no seu 15º aniversario

Culturgal fornecerá a súa dimensión profesional e redefinirá o modelo de feira co apoio da Xunta no seu 15º aniversario

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:20

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais participa na presentación da feira sectorial, que se celebrará entre o 24 e o 27 de novembro en Pontevedra

O acto serviu como presentación oficial de Eva Alonso como nova directora do evento, que se desenvolverá baixo o lema ’15 anos cos fíos da Cultura’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é o patrocinador principal cunha achega de 65.000 euros e coa incorporación ao programa xeral de diferentes iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

Culturgal celebrarase entre o 24 e 27 de novembro en Pontevedra e de novo, co apoio da Xunta, institución patrocinadora principal ao achegarlle 65.000 euros para a súa organización. O Pazo da Cultura de Pontevedra, sede do evento, acolleu hoxe a súa presentación nun acto con Eva Alonso como nova directora. Coincidindo co seu 15º aniversario, a edición deste ano chega coa intención de anovar o modelo de feira e de fortalecer a súa dimensión profesional. O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou nesta presentación na compaña do presidente da Asociación Culturgal, Víctor López, e de Eva Alonso, así como de representantes doutras entidades colaboradoras. Sutil felicitou por esta nova andaina a actual responsable do Culturgal, de quen puxo en valor a súa “enerxía e capacidade”, e aproveitou a ocasión para recoñecer tamén “o compromiso e dedicación” que amosou ao longo dos anos Xosé Aldea, o antecesor de Alonso no cargo. O representante da Xunta destacou o “duplo cometido” de Culturgal ao lembrar o seu papel de “plataforma de difusión” do traballo dos profesionais do sector e a súa vertente de “foro de intercambio” entre os diferentes axentes implicados nas industrias culturais. Sutil adiantou, ademais, que a implicación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades materializarase tamén a través da incorporación ao programa para o público xeral de distintas iniciativas que agromaron ao abeiro do seu Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Culturgal 2022 deu a coñecer así mesmo a súa liña gráfica para esta edición baixo o lema 15 anos cos fíos da Cultura. Afronta a edición deste 2022 asumindo diferentes modificacións na súa estrutura, no deseño de programación e no seu propio calendario. Neste senso, cómpre destacar que dentro da súa decidida aposta por poñer o foco na dimensión profesional dedicará ao completo o seu primeiro día, o xoves 24 de novembro, a un programa destinado en exclusiva a empresas, entidades, asociacións e demais axentes implicados nas industrias culturais. Conseguir a comercialización de produtos culturais durante a feira, que redeseñará a súa distribución espacial dentro do recinto do Pazo da Cultura pontevedrés, é tamén outro dos obxectivos marcados pola nova dirección. No que respecta á programación, a directiva de Culturgal nun labor conxunto coa dirección da feira, deseñou no verán boa parte da carteleira coa meta de que primen a calidade e a novidade por riba do volume. Este traballo de estruturación de actividades completarase coa recepción de propostas para os espazos Libro, Infantil e Arte, que xunto co Auditorio (dedicado ás artes escénicas e musicais), o Salón de Actos (centrado no audiovisual) e o Espazo Profesional, constitúen os grandes ámbitos programáticos da feira. Este prazo mantense aberto até o próximo 16 de outubro. O período de contratación de stands, aberto inicialmente ata o 31 de outubro, está xa pechado para as entidades privadas, por estar esgotados xa os espazos dispoñibles. As empresas e entidades cun posto no Culturgal terán prioridade na valoración das propostas de actividades presentadas. A Asociación Culturgal está constituída por Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar