COPE

Xunta de Galicia

O Corazón da Artesanía arranca mañá en Agolada como a grande festa dos oficios, da música e da gastronomía galega

O Corazón da Artesanía arranca mañá en Agolada como a grande festa dos oficios, da música e da gastronomía galega

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 5'Actualizado 13:20

A Xunta organiza a novena edición do Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que se amosarán de venres a domingo, o traballo de 57 artesáns de 27 oficios diferentes, así como o de 31 expositores de produtos gourmet

As actividades de Artesanía no Prato comezan mañá venres con dous showcookings a cociñeira do Grupo Nove, Lucía Freitas, e cunha cata de viños certificados por Galicia Calidade a cargo da enóloga Cristina Murga

O programa bota a andar ás 11:30 horas e rematará a partir das 22:00 coa actuación musical de Aparato DJ Set na Praza do Concello

O Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Xunta, arranca mañá nos Pendellos de Agolada e regresa como referente do encontro entre oficios artesanais, música e gastronomía galega, a través dun amplo programa de actividades. Entre mañá venres e o domingo 10 de xullo, os Pendellos de Agolada volveranse encher con demostracións de artesáns, exposicións e venda de produtos de alimentación gourmet, cursos de formación tanto para público especializado como para todos os públicos, música e showcookings da mellor gastronomía galega servida en pezas da marca Artesanía de Galicia. Na edición deste ano contarase con 57 artesáns de 27 oficios diferentes, actuacións musicais, talleres abertos de iniciación aos oficios artesanais e cursos especializados con inscrición previa. O horario será de 11:30 a 21:30 horas. Os 57 artesáns que participarán nesta novena edición representan un total de 27 oficios diferentes: marroquinería e coiro, instrumentos musicais, redeiras, téxtil, encaixe, tapices, tecido en baixo lizo, elaboración de traxe tradicional, xoiería, ourivería, forxa, labores de palla, colareiras, cerámica, olería, zapatería, cantería, talla en madeira, tornería de madeira, elaboración de zocos, xoguetes e bonecos, debuxo e ilustración, elaboración de papel, elaboración de figuras tradicionais de miga de pan, cestería, cartón pedra e bordado ao aire. Dos 42 expositores de Artesanía de Galicia ? 18 son obradoiros que participan por primeira vez neste encontro ? 21 obradoiros pertencen á provincia da Coruña, 10 á de Lugo, 3 á de Ourense e 8 á de Pontevedra. Da provincia da Coruña participan os obradoiros composteláns Artesanía JMR, Brazolinda, Macala, Deica! Creacións, Ilex Talla, Jatafarta, Ocarina Paparolo, Kinga Haudek e Susi Gesto; os da Coruña Fiando Miúdo; de Buño (Malpica de Bergantiños) participan Alfarería Lista, Alfarería Rulo e Obradoiro Gorín; Belategui Regueiro e Obradoiro de Gaitas Seivane, de Cambre, este último, Premio Traxectoria 2021 nos Premios Artesanía de Galicia; Cerámica Unzueta (Brión); Laia Zapateiros (Melide); Manuel Figueiras (Muros); Redeiras artesás (Ponteceso); Pedras de papel (Rianxo); e Siliva (Abegondo). Os obradoiros da provincia de Lugo que participan no Corazón da Artesanía son Enxógate e Armaior, de Quiroga; Raíces Nómadas (Ribadeo); Centro Oleiro Rectoral de Gundivós (Sober); Coitelos Fonsagrada (A Fonsagrada); Lucecús (Guitiriz); os obradoiros Fusaiola e José Luis Canteiro, de Vilalba; e mais Tres caracoles e Milbrumas, de Lugo. De Ourense participan Lumecú (Vilar de Santos), O Reberete (Maside) e mais Xaime Piñeiro (Allariz), os tres obradoiros asisten ao Corazón da Artesanía por primeira vez. Da provincia de Pontevedra, participan por primeira vez M. Isabel (Silleda) e Vikensen (Tomiño), e repiten os obradoiros de Vigo A Casa Rodante, coIRaxe e Mario López Joyería de Autor; Eferro (Vila de Cruces); Montse Betanzos (O Grove); e Zimzelatum (Gondomar). A xornada de mañá venres 8 de xullo comeza ás 11:30 horas coa apertura dos 42 expositores de Artesanía de Galicia e dos 31 de alimentación gourmet, así coma o inicio dos cursos de formación e dos talleres para todos os públicos, para dar paso ás 12:30 horas á inauguración oficial do Encontro. A iniciativa Artesanía no Prato ábrese mañá con dous showcookings a cargo da chef do Grupo Nove Lucía Freitas, que realizará dous pases en horario de 13:30 e de 15:00 horas, nos que utilizará produto de Cabo de Peñas e pezas da marca Artesanía de Galicia. Lucía Freitas é propietaria do restaurante A Tafona e da Barra Gastronómica Lume, en Santiago de Compostela; conta cunha Estrella Michelín e dous Soles Repsol e é presidenta de Honra de WIG (“Women in Gastronomy”, Xapón). Traballa da man de mariscadoras, pescadoras e produtores locais para a elaboración dos seus menús e de novas receitas que enriquezan a cultura gastronómica de Galicia e aposta dende hai anos pola incorporación das pezas de Artesanía de Galicia que complementen e enriquezan o seu traballo. A programación gastronómica completarase coa cata de viños certificados por Galicia Calidade, a cargo da enóloga Cristina Murga, que terá lugar ás 20:00 horas. Cristina Murga conta cunha dilatada traxectoria no mundo da viticultura e na enoloxía, e nos máis de dez anos á fronte de diversas adegas, os seus viños foron premiados en varias ocasións.A xornada do venres pecharase a partir das 22:00 horas coa actuación musical de Aparato DJ Set, na Praza do Concello. A electrónica de vangarda é o fío condutor das súas actuacións, nas que emerxe o espírito do rock nunha selección musical nas que busca a experimentación e a innovación. Dj Set é moito máis que unha selección de boa música, hai experimentación, innovación, interacción, mash–up e remixes en directo para que o público non pare de bailar.No marco da novena edición deste Encontro, a Fundación Artesanía de Galicia oferta cursos de formación especializada para artesáns e outros profesionais, así como diferentes talleres abertos para todos os públicos que lle permitirán aos asistentes iniciarse nos oficios artesanais. Os cursos especializados, para os que se requiría inscrición previa, estarán impartidos polo mestre artesán do coiro José Luis Bazán (Ubrique, Cádiz), Premio Nacional de Artesanía 2021, pola cesteira Simone Simons (Chelva, Valencia), pola xoieira Jose Castro, de Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), pola tecedeira Logaro (Ourense) e pola artesá especializada no bordado ao aire Zeltia ao aire (A Coruña). Durante os tres días que dura o evento, os visitantes poderán ver demostracións de oficios tradicionais e participar nos obradoiros abertos para todos os públicos que están programados en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas. O artesán Jorge Bellón (Cedeira) encargarase de impartir un obradoiro de Elaboración de Sanandresiños con miga de pan, a cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) ? Premio Artesanía de Galicia 2021 ? dirixirá un proxecto de Cestería colaborativa, o artesán Guillermo Silvent (Caldas de Reis) encargarase dun obradoiro de remate de xoguetes de madeira, a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías (Gondomar) impartirá obradoiros de iniciación ao torno cerámico, a artesá Marina Seoane ensinará os asistentes a facer un tapiz conxunto, e os artesáns María José Martínez e Jose Antonio Carrera (Vigo) amosarán a traballar nunha máquina tricotosa circular. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Escuchar