• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O convenio entre Xunta e Cluergal permite que 800 persoas melloren as súas capacidades en eficiencia enerxética, xeotérmica e enerxías solar e eólica

O convenio entre Xunta e Cluergal permite que 800 persoas melloren as súas capacidades en eficiencia enerxética, xeotérmica e enerxías solar e eólica

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:20

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas dos cursos realizados ao abeiro desta colaboración

Avanza que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade seguirá a apostar en 2023 pola sinatura de convenios cos principais clústeres de Galicia para axustar a oferta á demanda de traballo

O orzamento do departamento autonómico para o vindeiro ano eleva ata os 202,2 millóns (+9,6%) o investimento para seguir a mellorar a cualificación da poboación activa galega

Lado pon en valor a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego para camiñar cara un crecmento sustentable, de maior innovación e competitividade do tecido produtivo

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022 O convenio de colaboración asinado este ano entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster das Enerxías Renovables (Cluergal) en materia de formación permitiu que preto de 800 persoas melloraran as súas capacidades en eidos tan diversos como a enerxía solar, eólica ou xeotérmica, a eficiencia enerxética de edificios ou o mantemento de vehículos híbridos e eléctricos.A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela na clausura destes cursos que contaron con máis de 350.000 euros de financiamento autonómico. A iniciativa enmárcase no obxectivo da Xunta de mellorar a cualificación e recualificación da poboación activa galega en sectores estratéxicos para casar oferta con demanda de traballo. Lado gabou a colaboración pública e privada neste ámbito para seguir avanzando “neste proceso transformador que debe conducirnos a unha maior competitividade, mediante unha oferta formativa eficaz e axustada ás necesidades do tecido produtivo de Galicia”, apuntou, ao tempo que agradeceu a colaboración de Cluergal para que “Galicia lidere unha transformación tecnolóxica para o emprego que sexa sostible e equilibrada”. A directora xeral sinalou que os empregos en enerxías renovables seguen sendo resistentes, demostrando ser un sector “fiable e sólido” como motor de creación de emprego, explicando, ao respecto, que o mercado de traballo esixe, cada vez máis, perfís de carácter tecnolóxico ou con coñecementos e experiencia na integración e no uso das novas tecnoloxías que, segundo engadiu, “cotizan á alza no mercado laboral”.A directora xeral expuxo que esta liña va en consonancia coas recomendacións do Estudo de tecnoloxías emerxentes que elaborou a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coa colaboración “moi estreita” das entidades representativas do tecido produtivo, co propósito de corrixir o déficit de persoas cualifcadas en competencias dixitais e nas novas tecnoloxías. En palabras de Lado, as capacidades son “as grandes protagonistas” e o “fío condutor” da estratexia da Xunta en formación para o emprego e destacou que neste contexto naceu a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. “O binomio formación–capacidades debe ser a brúxula que nos leve rumbo a ese futuro de crecemento sustentable, de maior innovación e competitividade do tecido produtivo”, subliñou. Por iso, indicou que o investimento en formación para o emprego e orientación crece o vindeiro ano nun 9,6% ata alcanzar os 202,2 millóns de euros para seguir mellorando a capacitación da poboación activa, ofrecendo unha formación de calidade e axustada ás necesidades reais do tecido produtivo. Deste global, o Plan galego de formación para o emprego contará con 104 millóns de euros de orzamento no que se incluirá, tal e como avanzou a responsable de Formación para o Emprego e Orientación, as futuras colaboracións cos principais clústeres galegos para seguir apostando pola mellora da cualificación das galegas e galegos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2