• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asinou hoxe o convenio de adhesión

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asinou hoxe o convenio de adhesión

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:25

Este servizo permitirá achegar menús semanais, sans e equilibrados aos fogares de dez persoas maiores deste municipio que viven soas

Lembra que outros seis concellos da comarca de Verín benefícianse deste programa ?Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Riós, Verín e Vilardevós? o que significa achegar este menús a un total de 80 persoas

Normal 0 false false false ES JA AR–SA Oímbra (Ourense), 23 de maio de 2022 A Xunta incorporou o Concello de Oímbra ao programa Xantar na casa que permitirá levar menús semanais, sans e equilibrados aos fogares de persoas maiores que viven soas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asinou hoxe o convenio de adhesión, mediante o cal se achegará este servizo a dez persoas deste municipio. A conselleira lembrou que outros seis concellos desta comarca xa se benefician deste programa: Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Riós, Verín e Vilardevós. Deste xeito, apuntou, a Xunta axuda a paliar a soidade non desexada de preto de 80 persoas desta comarca de Verín. No conxunto de Galicia, a Xunta achega estes menús semanais a máis de 1.800 persoas de preto de 200 concellos diferentes para o que inviste un total de 2 millóns de euros. Fabiola García sinalou que o Goberno galego conta cunha rede autonómica de servizos leva atención e coidados aos fogares das persoas maiores que viven soas. Faino, por exemplo, a través do Servizo de Axuda no Fogar, que achega coidados profesionais ás casas de máis de 24.000 galegas e galegos e no que Galicia é unha das Comunidades líderes a nivel nacional. Faino tamén a través do servizo de teleasistencia, que permite que as persoas maiores poidan ser atendidas con tan só premer un botón, ou a través do autobús de Coidados porta a porta que nestes momentos está percorrendo todos os concellos galegos, agás as sete cidades, ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2