• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O Comité de Seguimento do FEDER celebra en Santiago a súa primeira reunión presencial tras a pandemia

O Comité de Seguimento do FEDER celebra en Santiago a súa primeira reunión presencial tras a pandemia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10:50

Os membros do comité analizaron os desafíos aos que se enfrontaron a UE, os países membros e as comunidades para dar unha rápida resposta á pandemia, flexibilizando a utilización dos fondos da política de cohesión

No encontro analizouse o informe de execución correspondente ao ano 2021

O Comité de Seguimento do Programa Operativo de FEDER Galicia 2014–2020 celebrou esta semana en Santiago a súa primeira reunión presencial tras a pandemia. Unha xuntanza marcada pola análise dos desafíos aos que tiveron que enfrontarse a UE, os países membros e as comunidades autónomas para dar unha rápida resposta á pandemia, flexibilizando a utilización dos fondos da política de cohesión.Ángel Tarrío, director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, presidiu unha reunión na que estiveron presentes representantes do Ministerio de Facenda e da Comisión Europea e na que tamén participaron representantes das organizacións económicas e sociais con máis representatividade en Galicia. No encontro analizouse o informe de execución correspondente ao ano 2021.Neste marco, no 2021 concedéronse axudas no sector da investigación e a innovación que conseguiron mobilizar máis de 13 M? do sector privado, demostrando a importancia da colaboración público–privada para acadar os mellores resultados. Tamén quedou patente a importancia dos fondos comunitarios para combater a pandemia na súa etapa máis crucial. Destacan os 35 M? destinados a adquirir material sanitario de primeira necesidade.No que se refire ao uso e calidade das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e o acceso ás mesmas, desde o inicio do programa operativo, máis de 380.000 persoas poden relacionarse na súa vida cotiá cos servizos públicos por medios dixitais. A cobertura electrónica en centros educativos chegou xa, ao peche de 2021, a máis de 186.000 estudantes. Para unha mellor conservación do medio ambiente realizáronse unha serie de obras para mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos e de edificios pertencentes a empresas para reducir o consumo de enerxía e a emisión de gases de efecto invernadoiro. Durante 2021 construíronse tamén máis de 16 quilómetros de sendas para ir a pé ou en bicicleta, o que permitiu diminuír a utilización de vehículos contaminantes e contribuír a un estilo de vida máis saudable.Tamén se reforzaron distintas infraestruturas educativas en Galicia, potenciando o equipamento e as prestacións de centros educativos de todos os niveis, con capacidade para máis de 5.500 estudantes. Destas actuacións estanse beneficiando xa os usuarios das casas niño no rural ou o alumnado de primaria e secundaria, niveis nos que se construíron novos centros para satisfacer as necesidades existentes.O Comité, por outra banda, coñeceu as previsións para a próxima aprobación do Programa Operativo para o novo período 2021–2027 e o deseño do sistema de xestión e control. FEDER – “Unha maneira de facer Europa”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar