• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Axentes medioambientais da Xunta localizan os cadáveres de dous cans que foron arroxados ao río Tea en Covelo

Axentes medioambientais da Xunta localizan os cadáveres de dous cans que foron arroxados ao río Tea en Covelo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:35

O presunto autor dos feitos xa prestou declaración en calidade de investigado tras ser identificado grazas á colaboración entre os funcionarios da Xunta e do Seprona da Garda Civil, que se encargará a partir de agora de seguir coa investigación

A Consellería de Medio Ambiente remitiu os restos dos animais ao Centro de recuperación de fauna silvestre de Carballedo, onde se lles practicou a necropsia

Axentes medioambientais da Xunta localizaron o pasado 3 de maio, no tramo alto do río Tea, os cadáveres de dous cans afogados despois de que os arroxaran á auga cunha pedra atada ao pescozo. O achado produciuse nun treito fluvial que discorre polo municipio pontevedrés de Covelo, onde os axentes atoparon semimergullados aos dous animais.Tras a localización dos cadáveres e tendo en conta as circunstancias nas que aparentemente se produciran as mortes, os funcionarios adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda puxeron de inmediato os feitos en coñecemento do Servicio de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Ponteareas.Unha vez inspeccionados os corpos dos cans ?dúas femias, unha de 4 anos de idade e raza mastín español, e a outra de 7 anos e raza podenco? e grazas ás pescudas realizadas entre a Xunta e o Seprona, logrouse localizar ao presunto autor dos feitos, que xa prestou declaración en calidade de investigado no cuartel de Garda Civil de Ponteareas. Os feitos foron postos en coñecemento da autoridade xudicial competente. Segundo o informe preliminar dos funcionarios da Xunta, os cans presentaban ao redor do pescozo un fío atado á súa vez a unha pedra.Despois de tomar mostras para a súa posterior análise e realizar unha inspección ocular da zona ao redor do achado, os axentes medioambientais procederon á retirada dos dous animais do río. Unha vez completados os traballos in situ, trasladaron os cadáveres ao Centro de recuperación de fauna salvaxe de Carballedo, en Cerdedo–Cotobade, onde se lles practicou a necropsia para determinar a causa da morte.Así mesmo e máis aló das posibles consecuencias que se poidan derivar desde o punto de vista medioambiental, a partir de agora investigación correrá a cargo do Seprona tendo en conta a gravidade do suceso e as posibles responsabilidades penais por parte da persoa identificada como presunto responsable. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Reproducir
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar