• Miércoles, 17 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Artesanía de Galicia participa na San Sebastián Gastronómika 2022 da man da chef Lucía Freitas

Artesanía de Galicia participa na San Sebastián Gastronómika 2022 da man da chef Lucía Freitas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:52

A chef Lucía Freitas presentou esta mañá na capital guipuscoana o seu proxecto “Amas da terra”, no que reivindica a importancia dos oficios que se atopan na base da alta cociña e para o que estivo acompañada por un grupo de 25 mulleres entre as que se atopaban tres profesionais da Artesanía de Galicia


A XXIV edición de Gastronómika 2022, que se celebra en San Sebastián ata o 5 de outubro, está dedicada á nova cociña do Reino Unido e á capacidade da gastronomía para unir culturas

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA San Sebastián, 3 de outubro de 2022 Artesanía de Galicia participa no programa de actividades da XXIV edición da San Sebastián Gastronómika 2022, da man da recoñecida chef Lucía Freitas (A Tafona e Lume, Santiago de Compostela), co seu relatorio “Vangarda Primaria” no que presentou o seu proxecto “Amas da terra”, no que reivindica a importancia de todos os oficios previos e imprescindibles para a alta cociña, representados fundamentalmente por mulleres. Durante a súa intervención estivo acompañada por un grupo de 25 profesionais entre as que se atopan produtoras/praceiras, redeiras, unha percebeira, agricultoras, gandeiras e cociñeiras do rural, así como a cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) e as ceramistas Laura Delgado (Cambre) e Susana Anta (A Coruña). A intervención da chef Lucía Freitas desta mañá contou coa colaboración da Xunta, como parte do seu proxecto Artesanía no Prato, iniciado no ano 2013 para fomentar a interrelación e as sinerxías entre gastronomía, deseño e Artesanía de Galicia e no que a chef do Grupo Nove colabora de maneira habitual. Gastronomika 2022 é un dos eventos gastronómicos con maior relevancia, na que está previsto que participen 70 chefs ata o vindeiro mércores 5 de outubro. Esta 24 edición réndelle homenaxe á nova cociña do Reino Unido, co lema “United Kulinary”, en referencia tamén ás propostas gastronómicas que hai fóra da súa capital, así como á capacidade da gastronomía para unir culturas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar