• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Artesanía de Galicia participa na Galicia Design Week cunha proposta que une gastronomía e produto feito á man

Artesanía de Galicia participa na Galicia Design Week cunha proposta que une gastronomía e produto feito á man

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:05

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde na Coruña na performance protagonizada pola chef Lucía Freitas, pola ceramista Laura Delgado e pola cesteira Idoia Cuesta, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto Artesanía no Prato

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu esta tarde á performance Coas mans, protagonizada pola chef Lucía Freitas (A Tafona, Lume, Santiago de Compostela) e polas artesás Laura Delgado (Cambre) e Idoia Cuesta (Outeiro de Rei). A iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do seu proxecto Artesanía no Prato, forma parte do programa de actividades da Galicia Design Week, que se celebra na Coruña ata o 17 de xullo co obxectivo de lle achegar o deseño ao público xeral da man de profesionais do sector. O concepto inicial da performance é mostrar o traballo e a filosofía de vida das artesás e as sinerxías creadas coa gastronomía actual. No escenario, dúas artesás que traballan a diario con elementos moi diferenciados, arxilas e vimbios, que transforman coas súas mans ata convertelos en soportes utilitarios fundamentais no deseño de propostas gastronómicas de restaurantes referentes en Galicia. O terceiro elemento é a gastronomía, a artesanía máis efémera, destacando o papel da cociñeira como creativa e transformadora de materias primas..Lucía Freitas falou sobre a súa dobre proposta gastronómica, A Tafona e Lume (próxima apertura de Lume Vivo) e do concepto “da terra ao prato”, rodeada no escenario das dúas artesás. A ceramista Laura Delgado creou unha cadeira interactuando coa cociñeira e falando á vez dos seus comezos, do que a levou a vincular o seu traballo á gastronomía e do proceso creativo que leva a cabo para o concepto e modelaxe das súas pezas da man de Lucía Freitas. Pola súa parte, a cesteira Idoia Cuesta deulle forma con vimbios a un dos pratos da súa nova colección Nido, que se inclúe na proposta gastronómica de Lucía Freitas no seu restaurante. Mentres traballaba, falou de como recuperou e transformou un oficio ancestral case en fase de desaparición, levándoo ao mundo do deseño máis actual, vinculando non só á gastronomía senón tamén á moda e ao interiorismo. O evento rematou coa preparación de dous petiscos servidos en pezas elaboradas polas dúas artesás. O proxecto Artesanía no Prato, no que participan xa máis de 40 obradoiros galegos, botou a andar no 2013, co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño, grazas á colaboración de cociñeiros do Grupo Nove que comezaron a empregar pezas da marca nos seus showcookings e restaurantes. Artesanía no Prato foi seleccionado en dúas ocasións como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía, nos anos 2019 e 2020, na categoría de Premio Promociona para Entidades Públicas e no ano 2021 foi seleccionado como exemplo de boas prácticas no programa europeo Crafts Code, orientado a mellorar a competitividade das pemes no sector da artesanía, a impulsar o seu crecemento e a promover a innovación, no que a Fundación Artesanía de Galicia participa desde o ano 2020.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar