• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Arias entrega as bandeiras azuis da Mariña, que son 'un recoñecemento ao turismo sustentable da comarca'

Arias entrega as bandeiras azuis da Mariña, que son un recoñecemento ao turismo sustentable da comarca

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:30

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembrou que locen este distintivo 18 praias, tres centros de Burela e Cervo, e o porto deportivo de Ribadeo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega hoxe das bandeiras azuis que distinguen ás praias e outros recursos turísticos da Mariña, que son “un premio ao compromiso da comarca co seu patrimonio natural e un recoñecemento ao turismo sustentable e de calidade que impulsa a Xunta de Galicia”, afirmou.Arias lembrou que a comarca loce 22 bandeiras azuis, 18 delas en areais e as demais no Barco Museo Reina do Carmen e o Centro de Educación Medioambiental Gaia, ambos en Burela; a carpintería de Ribeira Francisco Fra, en San Cibrao (Cervo), e o porto deportivo de Ribadeo.A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) outorga estes distintivos de ámbito mundial en base a criterios de sustentabilidade e de servizos, e un ano máis situou a Galicia como unha referencia en España, que é, á súa vez, o país que concentra o maior número de bandeiras azuis de todo o mundo. En concreto, 1 de cada 5 bandeiras azuis do Estado corresponden a Galicia.O coidado do medio ambiente, que nos implica a todos, e o modelo turístico que vimos desenvolvendo dan os seus froitos un ano máis, e quero agradecer especialmente aos veciños e veciñas e aos concellos a súa contribución para acadar este novo éxito”, sinalou Arias.O delegado fixo entrega en primeiro lugar das bandeiras azuis en Barreiros, para as praias de Fontela Valea –que a consegue por primeira vez–, Coto e A Pasada, nun acto xunto coa alcaldesa, Ana Ermida. Tamén entregou as de Foz para as praias da Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; a de Xove para o areal de Esteiro, e a de Viveiro para Area. Recolléronas os respectivos alcaldes, Francisco Cajoto, Demetrio Salgueiro e María Loureiro. Ademais das citadas, obtiveron o recoñecemento en Burela as praias da Marosa, O Portelo e Ril; en Cervo a praia do Torno; en Ribadeo a das Catedrais e Os Castros–Illas; e no Vicedo as de Abrela e Xilloi.Criterios de excelenciaOs criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos deportivos están relacionados coa calidade das augas ?que ten que ser excelente?; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como coa xestión ambiental e a sustentabilidade destes espazos. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar