• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo salienta que os 19 proxectos aspirantes ao PERTE cultural deseñados por Xunta e sector avalan o seu peso na economía

Anxo M. Lorenzo salienta que os 19 proxectos aspirantes ao PERTE cultural deseñados por Xunta e sector avalan o seu peso na economía

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:10

“Un PERTE para a cultura é imprescindible para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación e internacionalizar o sector”, expresa

O orzamento global destas iniciativas, próximo aos 400 M?, acreditan a necesidade de contar cun apoio específico europeo, cuxa petición ao Goberno central se oficializará este mes de xullo

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou hoxe a calidade e o carácter estratéxico dos 19 proxectos vinculados co patrimonio, as artes escénicas, os museos, as industrias creativas, a música ou o audiovisual resultado do proceso participativo iniciado este ano entre a Xunta e o sector. Trátase de iniciativas susceptibles de optar a fondos europeos e nos que a Xunta se sustenta para demandar ao Goberno central un PERTE cultural que recoñeza a importancia deste sector na economía.Nunha comparecencia a petición propia no Parlamento, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou a importancia deste proceso “que cumpriu sobradamente os nosos obxectivos e trouxo consigo un interesante intercambio de ideas coas principais demandas do sector cultural”, indicou. Referiuse, ademais, ao feito ao que estas propostas afondan na mellora da competitividade, na sustentabilidade, na transformación dixital e na internacionalización da cultura.Recordou que participaron máis de 100 entidades que realizaron 82 achegas entre asociacións, universidades, museos, fundacións, editoriais e empresas privadas. De todos eles, a maior parte, un total de 71, foron propostas que serven para enriquecer, mellorar e completar oito iniciativas que xa foran esbozadas por parte da Xunta. O resto, un total de 11, son proxectos novos que se incorporan. Todos eles, un total de 19, contan cun orzamento global próximo aos 400 M?.“Un PERTE da cultura é imprescindible porque xa se están levando a cabo con fondos europeos noutros eidos e deben chegar tamén á cultura para recoñecer o seu papel na economía. Así o imos demandar este mes de xullo ao Goberno central, cando enviemos todas estas propostas”, expresa. As iniciativas céntranse entre outros aspectos, na difusión da cultura popular, a dixitalización da cultura galega cunha plataforma online que reúna, preserve e investigue toda a documentación relativa ás artes escénicas de Galicia; para a mellora de bens singulares do patrimonio e recuperación do patrimonio arqueolóxico, así como para impulsar a transición dixital dos recursos do Camiño de Santiago. Tamén para potenciar a innovación nos museos ou para garantir a presenza da lingua nos novos desenvolvemento tecnolóxicos. Por iniciativa das distintas entidades culturais, tamén xurdiron proxectos como a creación dunha estratexia de documentación e innovación sobre as prácticas artesanais e oficios tradicionais, a posta en marcha dunha libraría de sons e ritmos tradicionais galegos ou un proxecto para crear residencias comarcais para o fomento das artes escénicas no rural galego. Tamén proxectos para estudar o impacto dos estímulos musicais en enfermidades para desenvolver un programa de intervención musical en centros sanitarios ou sociosanitarios, iniciativas para reconstruír casas reitorais e mosteiros para uso multifuncional con comunidades autoxestionadas ou un proxecto para difundir o barroco galego dun xeito completo e plenamente documentado, entre outras propostas.“Se o Goberno central se nega e non conseguimos fondos europeos ou descentralizar este reparto, desde Galicia teremos en conta todo este traballo realizado que actualiza o mapa de necesidades da cultura galega e é unha ferramenta clave para a folla de ruta da cultura galega no futuro”, expresou. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar