• Martes, 19 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 50 accidentes de tráfico durante a fin de semana

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 50 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:20

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 5 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia–061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia–061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 50accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 5 de febreiro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico. Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron que máis sinistros rexistraron con 17 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incident


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar