• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

MONDOÑEDO

Á venda as entradas para o concerto de Blas Cantó nas Quendas

O artista murciano ofrecerá un concerto en acústico o día 30 de abril no Auditorio Pascual Veiga

A venda de billetes efectuarase a través da plataforma Woutick dende as 16:00 horas deste luns

Blas Cantó

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 13:40

Dende a Asociación As San Lucas de Mondoñedo, organizadora das Feiras e Festas das Quendas, informan que as entradas para asistir ao concerto de Blas Cantó, poderanse adquirir dende a tarde deste luns 11 de febreiro.

En concreto, o presidente da asociación organizadora, Miguel Souto, explica que as entradas estarán dispoñibles a partir das 16:00 horas na plataforma Woutick. O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.

O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico no auditorio Pascual Veiga da cidade mindoniense dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que organizadas pola Asociación As San Lucas en colaboración co Concello, celebraranse este ano entre o 29 de abril e o 1 de maioO concerto será o 30 de abril, ás 22:00 horas.

Blas Cantó é considerado un dos artistas máis prometedores no panorama da música española actual. Trala súa experiencia dende pequeno no mundo da música, durante sete anos formou parte da boy band ‘Auryn’, coa que acadou todos os récords de vendas en España e coa que logrou varios números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en Latinoamérica.

No 2016, participou no programa ‘Tu cara me suena’ e no 2017 anunciou a data de lanzamento do seu primeiro sinxelo "In your bed". O mesmo día da súa estrea, Blas Cantó gañou a quinta edición deste programa.

No ano 2018 obtivo discos de Ouro e Platino co tema "El no soy yo" e tamén publicou o álbum de estudio ‘Complicado’, que en tan só unha semana dende a súa estrea conseguiu o primeiro posto na lista oficial de vendas de España.

Dende a asociación que propuxo a visita do artista a terras mindonienses ven o concerto como "un bo medio de promoción da nosa cidade, xa que o turismo é un dos activos económicos máis importantes para Mondoñedo".

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar