• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

ENTROIDO

Segunda edición da Festa do Cocido en Barreiros

Celebrarase o sábado 23 de febreiro no polideportivo de San Cosme

Presentación da II Festa do Cocido de Barreiros

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:21

O Concello de Barreiros colabora co CF Celta Barreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para menores de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

No evento colaboran ademais do concello os restaurantes O Asador e La Yenka, Chao dos Navais, Eventec, Eroski e Gadis.

A II Festa do Cocido foi presentada polos organizadores, que estiveron acompañados polo alcalde e polo tenente de alcalde, Alfonso Fuente Parga e José Manuel Gómez Puente, respectivamente

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar