• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

RIBADEO

La Plataforma Pro Residencia emprende la creación de una Asociación

Quieren nombrarla Asociación José María Rodríguez en homenaje al desaparecido valedor del centro de mayores de Ribadeo

Centro de Atención a Mayores de Ribadeo

Juana Carrera

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:37

Los integrantes de la Plataforma Pro Residencia de Mayores de Ribadeo sienten una "profunda alegría" ante la inminente apertura del centro -este viernes a las 17 hrs- pero avisan de que ahora no hay que dormirse en los laureles. Quedan muchas cosas por hacer y se hace más necesario que nunca la existencia de una agrupación que ejerza de "contrapeso social" ante la gestión del centro por parte de una empresa grande como es Clece.

En homenaje a José María Rodríguez 

Así pues, han puesto en marcha la creación de una asociación que pretende contribuir al buen funcionamiento del centro, garantizando una asistencia de calidad para los usuarios y con preferencia para los vecinos de Ribadeo, entre otras premisas. El deseo de los impulsores es que la nueva asosición lleve el nombre del desaparecido José María Rodríguez, por su incansable defensa de lo que por fin es una realidad: la Residencia de Ribadeo .

Adjuntamos el comunicado remitido por la Plataforma en el que notifican sus próximo objetivos:

Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo - Posta en funcionamento da residencia de maiores

Unha volta anunciada a posta en marcha da residencia, que nos produce unha fonda alegría, na Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo somos conscientes de que unha vez posta en funcionamento, quedan moitas cousas por facer. A posta en marcha é sinxelamente un paso máis que apoiamos -importante, pero un paso máis- encamiñado a que os nosos maiores teñan calidade de vida na súa vellez. Pero non por iso podemos esquecer as reivindicacións en forma de alegacións que temos feito hai pouco máis de medio ano, ou sinxelamente que a concesión a unha empresa grande, Clece, que ten ramas de actividade dende centros hospitalarios a hoteis, ou dende a área sociosanitaria (145 residencias 'xestionadas') á financieira, pasando por centros de ocio entre outros sectores, necesita dun contrapeso social en Ribadeo.

Este venres ás 5 da tarde comeza a encherse cos oito primeiros ocupantes, ós que se irán incorporando as próximas semanas o resto de admitidos polo momento, e logo, ata a cabida das instalacións. Iso implica unha nova época no que vai variar o sentido que tiña ata o de agora a Plataforma Pro Residencia. Pos iso, hai cousa de mes e medio, todos os grupos que se presentaban ás municipais en Ribadeo, recibiron da parte da plataforma unha mensaxe:

"Dende a Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo levamos tempo pensando en seguir aportando o noso gran de area no futuro da residencia. Por iso, e detectando que xa de xeito case inmediato sería desexable facer cambios -que foron aprazados polo momento- e que un punto débil xeralizado en todas as residencias é o seguemento público do coidado dos nosos maiores, como un primeiro paso, decidimos constituír unha asociación. Asociación que poda axudar e ó tempo, conectar sociedade e funcionamento da residencia. Non temos présa, pero tampouco queremos esperar, polo que adxuntamos un borrador de estatutos co que comezar a recibir ideas e manter a residencia como suxeito de reflexión e de acción de todos. Incluídos os partidos políticos que actúan ou teñen pensado actuar no eido municipal, a quenes vai dirixida de xeito específico esta carta.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Naturalmente, no documento que enviamos, todo é revisable, dende o nome, que esperamos se quede curto por ser adicado no seu momento a algo con máis entidade que a asociación, ós fins, que poden cambiar mesmo en función da etapa pola que pase a residencia, polo que estimamos deberan contemplar unha gama ampla de opcións.

Como Plataforma, só lembrar a loita que levou á constitución dunha comisión municipal e logo á construción da residencia, que representa un capital social que non queremos desperdiciar, senón compartir e coidar en ben de todos. E aquí estamos, a seguir escoitando e participando na medida do desexable."

Ata o momento, en ningún caso se recibiu máis resposta que algún agradecemento. Non obstante, cremos que este momento é, precisamente, o que marca o punto de saída para que a sociedade enteira, todo Ribadeo, acolla como súa a misión de que a residencia teña o mellor funcionamento posible. Así o esperamos e faremos o que estea nas nosas mans para que así sea.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar