• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Opinión | "A propósito da moción de censura", Chema Linares

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17 mar 2017

No último pleno o BNG de Foz realizaba unha intervención afirmando que eles non poñían mais que unha condición para a moción de censura, que era a municipalización da auga e que non habían recibido resposta. Afirmación, un tanto curiosa, xa que se producía nun contexto de resposta a unha proposta do grupo municipal socialista para crear unha mesa da auga, para estudar a posibilidade de municipalizar o servizo xa que o vindeiro mes de novembro vence o contrato coa concesionaria da auga. É evidente a aposta do PSOE pola municipalización e a demanda de iniciar o seu estudo é unha proba mais desta aposta, por certo, votada en contra conxuntamente polo BNG e o PP O PSOE é un partido de goberno, polo tanto sempre disposto a falar e a chegar a acordos e esta condición, a municipalización, sempre estivo sobre a mesa xa dende as negociacións para o pleno de investidura. A súa execución só é posible dende o goberno, dende aí é onde se podería abrir o proceso si as formacións predispostas a iso fósemos quen de conformalo. Os esforzos do PSOE, por un goberno alternativo ao do PP,  foron  continuos con ambas formacións políticas, BNG e FPF, que nos acompañan na oposición, pero nin aquelas negociacións ni nestas últimas prosperaron, a pesares de que o PSOE dende o primeiro momento deu pasos en firme, como a renuncia da acta de concelleiro do noso candidato Jaime Cancio, un dos requisitos solicitado por FPF, e aínda que o grupo municipal desta formación sempre amosou boa disposición para chegar a acordos, o certo é, que voces discrepantes dentro dese partido non o consideraron necesario. Quizás as desavenencias do pasado pesan moito, recordemos que FPF xurde de unha escisión do PSOE e que varios dos seus membros pertenceron ou estiveron de unha ou outra forma relacionados co PSOE. Dende o PSOE lamentamos a falta de unión da esquerda en Foz, nunca pedimos un cheque en branco e dimos todas as facilidades en aras de constituír o goberno alternativo que demanda a maioría de votantes de esquerda que hai en Foz,  e a municipalización da xestión da auga nunca foi, nin será un impedimento, mais ben é que nunca houbo vontade, polas outras partes, para chegar a acordos. Lamentamos que non se saiba ver que o noso adversario político é o PP e os nosos obxectivos son as políticas de esquerdas e o seu traslado aos cidadáns. Sexa hoxe ou mañá estamos condenados a entendernos ou seguiremos vendo un goberno de dereitas en Foz. Se non queremos que os amiguismos, o caciqueo, os contratos a dedo sexan moeda común e si queremos recuperar servizos privatizados temos que aplicar políticas de esquerdas e non deixar o goberno en mans do PP. O PSOE tamén debería facer autocrítica, non soubo resolver as discrepancias internas e de ser un referente a nivel provincial e con un peso importante de militantes e votantes pasou a ser oposición. O PSOE debe recuperar a súa esencia e a confianza dos cidadáns. Por iso a unión o esforzo compartido e o compromiso común para recuperar o goberno e aplicar políticas de esquerdas debe ser a maior prioridade. Debemos procurar a unión de todos os socialistas, de quen foi e quen é, e as súas aportacións de cara ao futuro do socialismo focense. Debemos loitar por aplicar verdadeiras políticas de esquerdas, mantendo unha sólida posición ideolóxica fronte aos devaneos de outras formacións políticas. Mantendo a socialdemocracia como a única posición ideolóxica que pode garantir o equilibrio social tanto desde un punto de vista moral como económico, fronte ás tendencias de máis estado como pretenden os vellos comunismos e agora os novos populismos, ou máis mercado como pretenden esas correntes do liberalismo económico ou neo-liberalismo, defendendo a socialdemocracia como estandarte de una economía de mercado regulada e unas verdadeiras políticas sociais que cheguen á maior parte da poboación e sobre todo aos máis desfavorecidos.   Chema Linares Voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Foz

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar