• DIRECTO

    Tiempo de Juego

    Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

  • DIRECTO COPE.ES

    La Tarde

    Pilar Cisneros y Fernando de Haro

FOZ

O Goberno comprométese a mellorar a seguridade na estrada N-642

A subdelegada, Isabel Rodríguez, trasladoullo este venres ao alcalde de Foz, Fran Cajoto

O proxecto inclúe a creación de dúas glorietas que mellorarán o tráfico á altura de Cangas

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10:58

subdelegada do GobernoIsabel Rodríguez, comprometeuse co alcalde de FozFrancisco Cajoto, a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade viaria na estrada N-642 ao seu paso por este municipio.

Este foi un dos asuntos que trataron Rodríguez e Cajoto durante a primeira xuntanza que mantivo a subdelegada co novo alcalde de Foz, con quen se entrevistou na Casa do Concello.

Na entrevista, o alcalde pediulle á subdelegada que lle dea un pulo ao vello proxecto de creación de dúas glorietas nesta estrada que permitan mellorar o tráfico en dúas interseccións da mesma, concretamente as situadas nos puntos kilométricos 39,910 e 40,970. Desta maneira conseguirase un mellor acceso aos barrios de Ribela e Gralleira da parroquia de Cangas e melloraríase a seguridade viaria no cruce coa estrada a Ferreira (LU-162).

Depois da xuntanza, a subdelegada anunciou que se interesará polo estado dun proxecto que o alcalde considera moi importante xa que a creación das dúas rotondas permitirá axilizar a circulación pola N-642 ao seu paso por Foz, así como mellorar a seguridade viaria nestes dous cruces.

Lo más