• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Pontenova

David Gutiérrez repite como candidato del PP a la alcaldía de A Pontenova

La presidsente del partido en Lugo, Elena Candia, confía en lograr la alcaldía de Pontenova para teminar con un gobierno socialistas que ha ha hecho nada

David Gutiérrez (Candidato a la alcaldía de A Pontenova)

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:35

O PP lucense critica a xestión dos socialistas que mantén ao Concello da Pontenova “paralizado igual que España co Goberno de Pedro Sánchez” O candidato popular á alcaldía da Pontenova asegura que “os socialistas non fixeron nada en doce anos” e avoga polo cambio comprometéndose a “traballar atendendo aos veciños e veciñas, procurar o desenvolvemento industrial que o municipio precisa e potenciar o sector turístico”.

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, lamenta a xestión dos socialistas que “mantén ao Concello da Pontenova paralizado igual que o Goberno de Pedro Sánchez mantén paralizada a España e sen un Goberno estable”. A popular sinalou que “o PSOE non ofrece gobernos estables e de garantías” e, polo tanto, convidou a confiar no Partido Popular”. Nese sentido, agarda que David Gutiérrez Álvarez, como candidato do PP á alcaldía do Concello da Pontenova, logre o apoio dos seus veciños e veciñas, logo de catro anos de traballo na oposición, para “acabar coa parálise na que o Goberno local ten sumida ao municipio despois de doce anos nos que non se fixo nada”. Candia asegura que “os populares da Pontenova traballaron facendo unha oposición construtiva aportando ideas que incluso chegaron a impulsar dende o equipo de Goberno”. Así, aposta por “un Goberno do Partido Popular na Pontenova que poña aos veciños e veciñas no centro dos seus intereses igual que o de Pablo Casado fará dende Madrid”.

O candidato popular, pola súa banda, asegura que “o Goberno socialista está instalado na mentira”; xa que “aseguraban a apertura da residencia de maiores e centro de día cando en realidade no rexistro do Concello non consta sequera ningún contrato de compra-venda dos terreos necesarios para a súa construción”. Do mesmo xeito, Gutiérrez Álvarez sinala que “a parálise do Concello apréciase, entre outras cousas, na falta de iniciativa por aumentar o polígono industrial que favoreza o crecemento das industrias que o requiren e que mesmo teñen anunciado o seu desexo de marchar da Pontenova ante a falta de solo industrial”. “Outro exemplo da falta de proxecto para A Pontenova é a falta dunha aposta polo sector turístico que se traduce na falta de oportunidades para os comercios e locais hostaleiros que ven como agora non aparece ninguén pola Ponte. Así o manifestan empresarios locais e o resto de veciños e veciñas”, indica o candidato do PP á alcaldía.

Alcalde ausente

David Gutiérrez Álvarez sinala que “o alcalde e presidente da Deputación non está nunca no Concello senón na institución provincial. E o mesmo sucede co tenente de alcalde que tampouco está polo Concello para atender as necesidades dos pontenoveses”. Así mesmo, o popular defende que “con botar asfalto non chega para cumprir cun mandato. Hai que preocuparse polas necesidades dos veciños e darlles resposta no día a día procurando garantirlles os servizos”.

Cambio necesario

Ante esta “parálise”, o candidato popular avoga por “un cambio que é necesario para o noso Concello”. Nese sentido, Gutiérrez Álvarez comprométese a “traballar atendendo aos pontenoveses, procurar o desenvolvemento industrial que o municipio precisa e potenciar o sector turístico”. Nesa liña, o candidato do Partido Popular á alcaldía da Pontenova avanza que “ofreceremos aos veciños e veciñas a oportunidade dun cambio no Goberno local coa conformación dun bo equipo de cara ás vindeiras eleccións municipais”.

Currículo

David Gutiérrez Álvarez é médico e desempeña este labor no municipio dende o ano 2011. Foi cabeza de lista do PP no municipio da Pontenova nos pasados comicios electorais do 2015 e dende entón é portavoz do Grupo Municipal Popular.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2