• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

BURELA

O Conselleiro de Sanidade visita as obras de ampliación do Hospital

Vai o 90% da obra executado

Visita de Vázquez Almuíña al Hospital

SERGASCope de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 14:35

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou o venres as obras de reforma e ampliación do hospital público da Mariña, que marchan a bo ritmo, estando moi avanzados os traballos de reforma integral da antiga área de hospitalización, cuxa finalización está prevista para o mes de setembro, e na que se acometen actualmente as tarefas de adaptación sanitaria e de instalación de equipamento.

As obras de ampliación e reforma deste centro sanitario da rede do Servizo Galego de Saúde están xa executadas por riba do 90%. Na actualidade, xa están rematados o novo edificio de hospitalización e o novo espazo de aparcadoiro, ademais do heliporto.

As obras rematarán coa reforma da zona de consultas e diálise, de acordo cunha planificación de traballos que se foi adaptando para acompasar o ritmo de execución co funcionamento do hospital, e que permitiu ir adiantando entregas parciais das instalación ao uso público.

Sinalar que esta fase da obra de ampliación do Hospital Público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie, un 33% máis.

Visista del conselleiro al Hospital

Cedida

Máis de 12 millóns de investimento

Logo da ampliación da carteira de servizos o obxectivo do Sergas está a ser dotar a este hospital público dunhas instalacións co espazos amplos e cómodos tanto para os pacientes como para os traballadores. O investimento da primeira fase chega aos 10,5 millóns de euros, ademais dos dous millóns de euros de equipamento.

Na visita deste vevnres, o conselleiro Almuiña estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e polo xerente de Xestión Integrada, Ramón Ares Rico.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2