• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

CERVO

O Concello úrxelle á Deputación que roce a "Carretera da Costa"

Trátase da LU-1510, o vial que une San Ciprián con Burela a través da Marosa

Segundo o alcalde, Alfonso Villares, "atópase nun estado lamentable a mediados de xullo"

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, supervisa o estado da LU-1510 coa concelleira Mali Méndez

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 15:06

Concello de Cervo úrxelle á Deputación provincial a roza das estradas do termo municipal que son da súa titularidade “e que a día de hoxe están invadidas pola maleza”.

Tal e como precisou o alcalde, Alfonso Villares, “xa lle remitimos un escrito ao organismo provincial para que acondicione canto antes estas vías que a mediados de xullo presentan un estado lamentable, co conseguinte risco que pode supoñer para a seguridade”.

Villares puxo como exemplo máis representativo o da “Carretera da Costa”, a LU-1510, que une San Ciprián con Burela pola praia da Marosa, “moi transitada e que xa ben avanzado o verán está case intransitable en moitos tramos”.

O rexedor puxo de manifesto, así mesmo, a necesidade de que a Deputación acometa “polo menos dúas rozas ao ano para manter os viais nunhas mínimas condicións, e se ten que ser, como acontece na actualidade, só unha vez, “que polo menos o fagan a principio do verán”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar